Cebolla caramelizada de Mercadona, disfruta de un toque de sabor diferente en tus platos.

Cebola confeitada, perfecta para todos os teus pratos

12 de decembro de 2023

Cociñas coa nosa Cebola confeitada? É un condimento culinario excepcional co que podes engadir un toque doce a unha gran variedade de pratos.

Pero o mellor de todo é a súa comodidade. Facilítache a vida na cociña, xa que é un produto listo para consumir e agregar aos teus pratos. Imaxinas aforrar o esforzo e o tempo que pasas cortando, refogando e confeitando a cebola?

Goza da textura da nosa Cebola confeitada, é suave e tenra. Perfecta para realzar o sabor dos teus pratos e para estender sobre torradas, hamburguesas, pizzas ou como acompañamento para carnes e queixos. Moito máis que un simple ingrediente, descúbreo!

Sigue o paso a paso para cociñar estas 4 receitas con Cebola confeitada (para 2 persoas)

Hamburguesa con cebola confeitada

Hamburguesa con cebolla caramelizada de Mercadon

1. Cociña 2 hamburguesas de vacún e porco nunha prancha ou tixola ampla a lume intenso.

2. En canto lles deas a volta ás hamburguesas, coloca un lisco de queixo tenro sobre cada unha delas. Na mesma tixola, quenta 1 cullerada de cebola confeitada e, deseguida, coloca enriba do queixo.

3. Coloca 3 liscos de xamón entre papel vexetal e méteos 1 minuto no microondas para que quede crocante.

4. Torra 2 pans tipo brioche na tixola pola parte interior.

5. Para montar as hamburguesas, pon na parte de abaixo do pan un pouco ketchup zero, enriba unha pouca eiruga, a hamburguesa co queixo e a cebola e, por último, o xamón crocante cortado en anacos.

Tosta de cebola confeitada, brie e noces

Tosta de cebolla caramelizada, brie y nueces de Mercadona

1. Corta un pan de bagueta en rodas. En cada unha delas, engade unha cortada grosa de queixo brie e 1 culleradiña de cebola confeitada.

2. Mete no forno todas as tostas un par de minutos a 200 ºC.

3. En canto as tostas saian do forno, coroa cunhas noces cortadas en anacos e una rama de ceboliño.

Pescada con patacas e cebola confeitada

Merluza con patatas y cebolla caramelizada de Mercadona

1. Pon a cocer 2 patacas medianas coa súa pel uns 20 minutos dende que a auga empece a ferver. Reserva.

2. Nunha tixola, quenta 4 culleradas de cebola confeitada e en canto comece a “bailar” engade ½ vaso de viño branco. Cociña uns minutos ata que evapore o alcohol.

3. Pela as patacas e córtaas en rodas de arredor de 1,5 cm. Colócaas, salpementadas e cun fío de aceite, na base dun recipiente apto para o forno.

4. Coloca 2 filetes de pescada enriba das patacas coa pel cara a abaixo e reparte a cebola confeitada sobre os lombos.

5. Enforna uns 10 minutos a 180 ºC e, ao saír do forno, esparexe con perexil picado.

Pasta con cebola confeitada

Pasta con cebolla caramelizada de Mercadona

1. Pon a cocer 180 g de tortiglioni en abundante auga salgada.

2. Nunha tixola, quenta 2 culleradas de cebola confeitada. Enseguida, engade 100 ml de nata fresca para cociñar e 100 g de queixo gorgonzola.

3. En canto estea quente a mestura, engade 1 culleradiña de fariña de millo disolta nun chorro de auga fría.

4. Cando a pasta leve uns 8-9 minutos de cocción, escórrea e engádea á tixola coa salsa de queixo. Engade un cullerón da auga da cocción e remove o conxunto a lume intenso.

5. Esparexe con noces cortadas en anacos, mestura e sirve no prato.

Outras recomendacións

Se tes tempo para cociñar, en Mercadona dispós de 5 tipos de cebola natural diferentes. Contámosche os seus usos máis frecuentes.

Toma nota destas receitas con Salsas Ketchup para as túas ceas informais.