Aprende a preparar deliciosas receitas co noso Impulsor Hacendado.

Aprende a preparar receitas doces co Impulsor

30 de marzo de 2023

Co noso Impulsor Hacendado podes preparar todo tipo de biscoitos, madalenas, rosquillas, etc.

Pero antes de nada, sabes cales son as diferenzas entre o impulsor e o lévedo?

O impulsor é unha mestura química que contén bicarbonato de sodio e ácido que ao humedecerse e someterse a temperatura no forno empeza a emitir CO2, o que provoca que as masas batidas suban de forma rápida. O impulsor está indicado para receitas de repostería como as que che ensinamos neste artigo.

Pola súa parte, o lévedo é un fungo unicelular que, coa auga, se activa. Aliméntase dos azucres da fariña xerando CO2, o que provoca que a masa suba (fermente). O lévedo está indicado para panificación e masas fermentadas, por exemplo para elaborar pan, un brioche ou un panetone.

Indicámosche a continuación como elaborar os doces máis deliciosos paso a paso co noso Impulsor e contámosche cales son as principais características deste útil produto.

Características do Impulsor de Hacendado

  • Produto destinado para masas batidas de repostería.
  • Sen glute, apto para celíacos.
  • Contén 6 sobres de 15 gramos cada un.
  • Cada sobre está indicado para 500 gramos de fariña (esta medida pode varias en función do produto a elaborar)

Instrucións xerais de uso

  • É importante mesturar ben o Impulsor coa fariña para que quede homoxeneizado e ben repartido na masa final. Antes de mesturar cos líquidos, peneira para que non queden grumos. Así, obteremos unha elaboración esponxosa e aireada.
  • Para un mellor resultado, recoméndase non abrir a porta do forno ata os últimos minutos da cocción.
  • Unha vez que teñas lista a masa, déixaa repousar uns 2-3 minutos antes de introducila no forno. O resultado final será unha masa máis esponxosa.

As nosas receitas recomendadas con Impulsor

Pastas de chocolate e abelá

Recetas con impulsor de Mercadona: Cookies con chocolate y avellanas

1. Quenta o forno a 190º.

2. Nun recipiente mestura 350 g de fariña, un chisco de sal e 15 g de impulsor (1 sobre). Mestura todo e reserva.

3. Noutro recipiente mestura 150 g de manteiga cortada en taquiños e a temperatura ambiente xunto con 75 g de azucre moreno e 75 g de azucre branco.

4. Engade 1 ovo e 1 culleradiña de aroma de vainilla á mestura anterior e mestura.

5. Despois engade o cunco de fariña e o impulsor pouco a pouco barutándoo.

6. Engade 75 g de abelás partidas e 100 g de pebidas de chocolate, mestura.

7. Saca a masa do recipiente e termina de mesturalo todo á man.

8. Forma uns discos de 60 g ou menos. Méteas no forno, con espazo entre elas, 16 minutos.

9. Pasado este tempo deixa arrefriar e listo.

Madalenas con láminas de améndoa

1. Quenta o forno a 180º.

2. Nun recipiente mestura 250 g de fariña, 15 g de impulsor (1 sobre) e un chisco de sal.

3. Noutro recipiente mestura 4 ovos con 100 g de azucre ata que quede esponxoso.

4. Engade 100 g de manteiga derretida, 15 g de extracto de vainilla e 200 ml de nata para montar. Mestura todo.

5. Agrega o cunco coa fariña barutada e mestura. Deixa arrefriar a masa na neveira durante media hora.

6. Enche os moldes de madalenas 3/4 partes da súa capacidade.

7. Pon enriba das madalenas 50 g de améndoa laminada e 30 g máis de azucre para decorar.

8. Mete no forno 25 minutos, asegurándonos cun pauciño que sae limpo. Se non, mantén un pouco máis no forno.

Brazo de Xitano ao cacao

Recetas con impulsor de Mercadona: Brazo de gitano

1. Quenta o forno a 180º.

2. Nun recipiente mestura 120 g de fariña, 15 g de cacao en po, un chisco de sal, 8 g de impulsor (1 culleradiña e media) e reserva.

3. Noutro recipiente, 4 ovos con 150 g de azucre branco e 50 g de azucre moreno, ata que quede escumoso. Engade 30 ml de aceite, e 30 ml de iogur. Mestura ben.

4. Incorpora pouco a pouco o cunco de fariña e cacao sobre o recipiente coa outra mestura. Remove ben e verte sobre unha bandexa de forno con papel de forno.

5. Mete no forno 15 minutos.

6. Unha vez o biscoito fóra do forno e temperado bótao sobre un trapo húmido e enrola. Deixa así ata que arrefríe de todo.

7. Bate 200 g de crema de queixo con 50 g azucre e 1 culleradiña de aroma de vainilla. Despois engade 100 g de nata para montar e mestura outra vez ata que monte.

8. Desenvolve o biscoito e estende a crema con coidado de deixar libres os bordos para volver enrolar. Decora con cacao esparexido e froitos vermellos.

Banana Bread

Recetas con impulsor de Mercadona: Banana bread

1. Mestura 1 ovo e 1 xema con 150 g de azucre moreno.

2. Engade á mestura 80 ml de aceite de oliva e 1 cullerada de aroma de vainilla.

3. Machuca 4 plátanos maduros.

4. Engade os plátanos á mestura anterior xunto coa reladura de ½ limón e de ½ laranxa.

5. Noutro recipiente, baruta 240 g de fariña, engade 1 cullerada de canela, 10 g de impulsor (2 culleradiñas) e un chisco de sal.

6. Mestura os secos dentro da mestura anterior.

7. Cando estea ben mesturado, engade 100 g de pebidas de chocolate e 70 g de noces cortadas en anacos.

8. Pon papel de forno no molde e verte a mestura.

9. Parte pola metade un plátano que non estea maduro e pon enriba da mestura. Engade tamén algunha pebida de chocolate máis.

10. Mete no forno a 180º durante 45-50 minutos.

Rosquillas de Pascua

Recetas con impulsor de Mercadona: Rosquillas Pascua

1. Pon a quentar 50 ml de aceite de oliva e cando empece a fumear retírao para temperar. Reserva.

2. Mestura 400 g de fariña con 10 g de impulsor (2 culleradiñas) e un chisco de sal. Reserva.

3. Nun recipiente bate 2 ovos con 100 g de azucre ata que quede cremoso e engade reladura de laranxa e de limón e 1 culleradiña de aroma de vainilla.

4. Agrega o aceite de oliva que quentamos antes e 30 ml de zume de laranxa. Mestura.

5. Baruta a fariña sobre a mestura anterior e incorpóraa ben.

6. Saca a masa do recipiente e sobre unha superficie enfariñada, termina de amasar. Se a masa está brandiña pero non se pega ás mans, xa estaría lista. Se se nos pega, engade máis fariña.

7. Pona outra vez no recipiente e déixaa repousar tapada media hora.

8. Pasado este tempo forma bóliñas de tamaño un pouco máis grande dunha noz (na tixola van medrar), e premendo no centro fai o burato e vainas deixando nunha superficie enfariñada.

9. Pon a quentar nunha tixola abundante aceite de xirasol a temperatura media alta e vai fritindo as rosquillas, dándolles voltas ata que estean douradas.

10. Déixaas nunha bandexa con papel absorbente. Unha vez frías, reboza en azucre e a gozar.

Outras recomendacións

Para cando non teñas tempo de cociñar, recomendámosche as nosas Galletas de Espelta e Digestive, 0 % azucres engadidos.