Unha tarde con amigos/as, antes de cear coa familia ou para gozar dun pícnic calquera día … Os Aperitivos de Verán que atoparás en Mercadona son ideais para calquera situación e, sobre todo, para compartir.
Ofrecémosche algunhas propostas de aperitivos, para que estes meses de verán goces cos teus de deliciosos snacks e orixinais pratos, para todos os gustos.
Froitos secos Hacendado
Goza dos snacks de Hacendado creando unha mestura perfecta de sabores. Escolle entre améndoa frita, noz mondada e pistachos tostados.
Un aperitivo delicioso para picar a calquera hora do día.
Crudités con salsa de iogur Hacendado
Unha proposta orixinal e refrescante para este verán. Combina tiras de froita coa deliciosa Salsa de Iogur de Hacendado. Sorprenderás os teus invitados!
Crea as túas crudités con tiras de pemento, cogombro e cenoria, que atoparás frescos e de tempada en Mercadona. Sirve nun prato coa Salsa de Iogur Hacendado no centro, para acompañar en cada bocado.
Espetadas de froitas de verán
Aproveita as saborosas froitas do verán, para crear con elas unhas espetadas únicas. Un aperitivo orixinal e moi saboroso.
Escolle na Froitería de Mercadona sandía, melón e kiwi. Córtaos en anacos pequenos e de similar tamaño entre si. Coloca unha ou dúas pezas de cada froita en cada espeto de madeira e, sirve ben frescas as túas Espetadas de Froitas!
Filetes de Anchoa e Mexillóns en Escabeche de Hacendado
Unha combinación irresistible. Os deliciosos Filetes de Anchoa conseguen mellorar aínda máis o seu sabor cando os combinas cos Mexillóns en Escabeche de Hacendado.
Sirve en pratos individuais para que os invitados escollan ao seu gusto e acompaña cun pouco pan, para apoiar cada peza. Serán os aperitivos preferidos do verán!
Snack de queixo crocante
Un snack diferente e delicioso. O snack de Queixo Crocante ao Forno, ten como único ingrediente o queixo.
Sírveo nun prato individual, acompañando as túas ensaladas ou con cremas, tanto frías coma quentes, en forma de anaquiños torrados.
Ofrécese en cómodas bolsiñas monodoses individuais de 24 g, para que só teñas que abrir e servir como snack en calquera momento do día. Ademais é sen lactosa e sen glute.
Xeados MiniBombón Variado
A variedade de xeados perfecta para terminar a xuntanza. Aproveita os 12 minibombóns con 4 sabores diferentes de chocolate, para que cada invitado escolla o seu preferido.
Os Xeados MiniBombón Variados ofrécenche un delicioso bocado doce, ideal para as noites do verán. Está dispoñible en chocolate con leite, chocolate negro, chocolate branco e chocolate e améndoa.
Outras recomendacións
Para acompañar cada bocado dos deliciosos Aperitivos de Verán de Mercadona, unha opción refrescante e para todos é a Cervexa Steinburg 0,0% sen glute, apta tamén para persoas celíacas.
Se buscas máis opcións para sorprender os teus invitados, os Aperitivos de Mercadona están boísimos e son ideais para as túas reunións con familia ou amigos.