Turrones navidad

Ampla selección de Turróns de Mercadona

03 de novembro de 2023

Produtos de campaña Nadal

Xa tes á túa disposición algúns dos nosos Turróns para recordarche que o Nadal está a caer. Este ano incorporamos novidades e volvemos traer os clásicos de sempre que nunca decepcionan.

Xa podes encontrar os turróns máis tradicionais: o brando, o duro ou o de chocolate con leite que nunca faltan en ningunha mesa.

Ademais, incorporamos algunhas novidades. Escolle o teu favorito!

Novidades na nosa selección de Turróns

Novedades en nuestro surtido de Turrones hacendado.

  • Caocream: turrón de chocolate con leite con anaquiños da galleta que triunfa entre os nosos clientes no seu interior: a nosa galleta Caocream. Preséntase en 7 onzas que axudan a que se parta mellor en porcións. Unha auténtica delicia!
  • Cheesecake: turrón de torta de queixo con galleta formado por unha cuberta de chocolate branco, unha capa de marmelada de froitos vermellos e un recheo de queixo con anacos de galleta. A sobremesa clásica feita turrón.

Turróns de chocolate

Novedades en nuestro surtido de Turrones Hacendado.

  • Chococrocante: turrón de chocolate con leite con recheo de cereais crocantes que se presenta en 7 onzas que axudan a que se parta mellor en porcións. Caracterízase pola súa cremosidade e polo seu sabor intenso a abelá. Este turrón tan especial é o favorito de moitos clientes. Por iso, volve un ano máis, pero esta vez nunha barqueta que evita que o chocolate quede pegado ao envase. Tamén agora a repartición dos cereais crocantes é máis homoxénea.

Novedades en nuestro surtido de Turrones Hacendado.

  • Turrón de cacahuete frito con mel: turrón de cremoso chocolate con leite que contrasta co suxestivo toque salgado dos cacahuetes fritos con mel. Unha combinación irresistible! Vén en 7 onzas que axudan a que se parta mellor en porcións.
  • Turrón cream abelá: turrón de chocolate con leite cun recheo cremoso de leite, abelás e anaquiños de galleta crocante. Un turrón que destaca polo seu equilibrio entre a intensidade da abelá e a suave textura da crema. Cada bocado crocante é unha deliciosa experiencia!
  • Turrón chocolate con améndoa: unha mestura clásica onde a intensidade do sabor a chocolate se equilibra coa textura crocante das améndoas tostadas. Pura harmonía no teu padal!
  • Turrón chocolate con améndoas 72 % cacao: a petición dos nosos clientes, volve este turrón que combina o sabor a cacao coas améndoas. En formato de 7 onzas, é o noso turrón de chocolate con menos azucre.

Novedades en nuestro surtido de Turrones Hacendado: turrones de chocolate

  • Turrón Praliné 3 chocolates: elaborado con tres chocolates: a dozura do chocolate branco, a cremosidade do chocolate con leite e a intensidade do chocolate negro. Agora, cun maior equilibrio entre as proporcións de cada chocolate, que fai que o seu sabor sexa máis harmonioso.
  • Turrón de chocolate negro crocante e turrón de chocolate branco crocante: volven este Nadal cunha mellora na distribución do arroz, para gozar dunha maneira equilibrada do seu crocante sabor.

Turróns clásicos

Novedades en nuestro surtido de Turrones Hacendado.

  • Turrón brando: turrón de améndoa tradicional, o de sempre, con textura suave e cremosa. Goza o seu estimulante toque crocante grazas aos anaquiños de améndoa repartidos por toda a tableta. Preséntase nun estoxo cunha tableta.
  • Turrón duro: turrón tradicional de textura crocante elaborado cun 63 % de améndoa tostada española, azucre, mel e clara de ovo que lle dá esa cor branca que tanto o caracteriza. Ademais, este turrón tan típico ten oblea polos dous lados, o que permite que non te manches ao collelo. Preséntase nun estoxo con 2 tabletas.

Novedades en nuestro surtido de Turrones Hacendado: turrones duros

  • Torta imperial de améndoas: o turrón duro convertido en torta non pode fallar un ano máis nas nosas mesas do Nadal.
  • Turrón de xema tostada: un manxar de textura suave e sabor doce. O segredo está na mestura da améndoa coa xema de ovo confeitada.
  • Turrón duro e brando de cacahuete: dúas alternativas ao turrón de améndoas, turrón brando e duro con cacahuete. Unha mestura doce e crocante. Ademais, non conteñen glute nin lactosa.

Pero a nosa variedade de turróns clásicos non se acaba aquí.

Ofrecemos outras opcións moi tentadoras, como o Turrón guirlache con améndoas tostadas, o Turrón crocant froitos secos e o Turrón Jijona máis artesanal.

Novedades en nuestro surtido de Turrones Hacendado: turrones de almendra duro y blando

Turróns en formato pequeno

Para os que queren gozar do sabor dun bo turrón, pero en pequenas doses, temos os formatos pequenos.

  • Tortiñas de Améndoa: o auténtico turrón duro con améndoas presentado en pequenas e deliciosas tortiñas. Ademais, é apto para persoas con intolerancia á lactosa.
  • Tortiñas de Choco Améndoa: turrón duro con améndoas cuberto dunha suxestiva capa de chocolate negro.

Estas tortiñas son aptas para celíacos.

Novedades en nuestro surtido de Turrones Hacendado: turrones en formato mini

  • Selección de miniturróns variados: goza dunha selección especial de pequenos bocados que inclúe turrón duro e brando de améndoas, turrón chococrocante e turrón xema tostada, con 15 unidades en cada selección.
  • Miniporcións de turrón brando: para os amantes do turrón brando de améndoas, encóntrano nesta bolsiña de 8 unidades.

Turróns de sabores

Selección variada de turróns con orixinais sabores para todos os gustos.

  • Turrón de Pistacho: unha exquisita combinación de turrón de chocolate con leite con recheo de pistacho. Con textura cremosa e anacos de pistacho no seu interior.
  • Turrón de chocolate branco con limón: Probaches a harmonía entre o chocolate branco e o recheo de limón? O seu interior cremoso con sabor cítrico cativarate. Ademais, volve mellorado e agora sabe máis a limón.
  • Turrón crema catalá e Turrón de iogur con arandos e amorodo: dous turróns que poden transportarte á túa sobremesa favorita. Goza dun turrón que captura a esencia da crema catalá, ou do sabor do iogur con arandos e amorodos.
  • Turrón de coco e Turrón froita: para amantes do coco ou da mestura de froitas, dúas opcións cun toque fresco e tropical.

Novedades en nuestro surtido de Turrones Hacendado: turrones de sabores

Turrón sen azucres engadidos

Para que ninguén quede sen gozar dos nosos turróns este Nadal, aquí tes os turróns tradicionais na súa versión 0 % azucres engadidos e con todo o sabor a bo turrón:

  • Turrón imperial de améndoas 0 % azucres engadidos.
  • Turrón crema améndoas 0 % azucres engadidos.
  • Turrón chocolate améndoa 0 % azucres engadidos.

Novedades en nuestro surtido de Turrones Hacendado: turrones sin azúcares añadidos

Outras recomendacións

Gústache o doce? Aquí tes a nosa familia de tortas. Próbaas!

Que non falten os froitos secos nestas festas!

Se buscas unha sobremesa lixeira e refrescante, unha excelente opción é a nosa mousse de limón sen glute. Basta con desconxelala e xa está lista para consumir.