Tras decidir hai dous anos poñer en marcha un proceso disruptivo e facer canto fose necesario para transformar a compañía e seguir sendo a mellor opción para “O Xefe”.
- Pechou 2018 cun cadro de persoal de máis de 85.800 persoas, das que 300 son portuguesas, tras a creación de 1. 800 postos de traballo estables e de calidade, e seguiu avanzando no seu modelo de negocio responsable e sostible, mellorando a calidade do traballo e investindo no coidado medioambiental e benestar animal.
- Elevou a súa facturación en superficie constante un 6%, tras incrementar de media en 2018 máis de 50 tíckets/tenda/día, o que fai un acumulado de máis de 125 tíckets/tenda/día dende a posta en marcha en 2017 do seu proceso de transformación.
- A proba iniciada en maio de 2018 coa “Colmea” (almacén para venda en liña), en 97 municipios da provincia de València, permitiu duplicar o número de clientes e alcanzar unha facturación mensual de 2,2 millóns de euros.
- Mercadona mantén o seu principio de que "o crecemento compartido sabe mellor" e distribuíu o beneficio total xerado no exercicio da seguinte forma: 295 millóns, dos que dous corresponden a Portugal, para a Sociedade en concepto de impostos, cun tipo impositivo efectivo no imposto de sociedades do 22%; e 325 millóns entre os seus traballadores en concepto de prima por obxectivos. Dos 593 millóns do beneficio neto (un 84% máis que o exercicio anterior), 470 millóns reinvestíronse na empresa como recursos propios, mentres o resto se repartiu entre os accionistas vía dividendos.