Ampliación Bloque Loxístico de Mercadona en San Isidro (Alacant)

Mercadona amplía o seu Bloque Loxístico de San Isidro (Alacant) cun investimento total de 98 millóns de euros

01 de xuño de 2021
  • Os traballos iniciáronse en maio de 2018 nunha nova parcela de 83.000 m2 de superficie.
  • Con esta ampliación Mercadona reafirma o seu compromiso de eliminar os sobreesforzos dos seus traballadores.

Mercadona finalizou os traballos para a ampliación dos seu Bloque Loxístico no municipio alacantino de San Isidro coa construción dunha nova nave que ocupará 53.000 m2 sobre una parcela de máis de 83.000 m2 de superficie situada entre as rúas España e Portugal do Polígono Industrial La Granadina fronte á actual nave de conxelado, liña do pan e refrixerados do seu  Bloque Loxístico. Na súa construción traballaron máis de 17 empresas locais, a maior parte delas pemes da provincia de Alacant, o que supón un impulso na reactivación económica da zona durante o transcurso das obras.

A construción da nova nave iniciouse en maio de 2018 e abordouse en dúas fases. Unha primeira que está en marcha dende novembro de 2019, na que se sitúa o almacén do peixe, e unha segunda fase que acaba de entrar en funcionamento onde están os produtos perecedoiros, principalmente carne, froita e verdura. En total, a compañía investiu 98 millóns de euros. Esta área de frescos conta cun sistema automatizado PPG (Picking Ponte Grúa), un sistema innovador de almacenaxe e preparación de palés de carne, froita e verdura. Con este sistema elimínase a manipulación e os sobreesforzos por parte dos traballadores en todo o proceso, dende a recepción de mercadorías ata a formación dos palés que serán expedidos ás tendas. Ademais, garante a correcta manipulación dos produtos, asegurando a calidade destes.

Esta nova nave virá sumarse ao conxunto do bloque loxístico que opera dende o ano 2002 no polígono Industrial La Granadina en San Isidro. O bloque loxístico dispón dun cadro de persoal de 930 persoas todas elas con emprego estable e de calidade. Con motivo da ampliación contratáronse 29 persoas máis para cubrir os postos de técnico en instalacións, frigoristas e electromecánicos, entre outros oficios. Ademais, para a posta en marcha da nova instalación investíronse unhas 80.000 horas de formación co cadro de persoal. Dende o bloque loxístico de San Isidro, Mercadona subministra actualmente a 174 supermercados das provincias de Alacant, Albacete e Cuenca, e toda a Región de Murcia.

Mercadona na Provincia de Alacant

Mercadona conta con 97 supermercados nos 42 municipios nos que está presente da provincia de Alacant, que proporcionan emprego estable e de calidade a 5.495 persoas, deron emprego a 312 persoas o pasado ano.

Mostra da súa aposta pola provincia son os 799 millóns de euros en compras a provedores alacantinos realizados en 2020.

Ademais, un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é compartir parte de canto recibe dela. Mercadona reforzou ao longo do ano pasado a súa responsabilidade social na provincia por medio de diferentes iniciativas, con máis de 427 toneladas de alimentos doados a entidades sociais alacantinas. É o caso das que realiza cos 6 comedores sociais da provincia, entre eles a Alicante Gastronómica Solidaria, aos que doa diariamente produtos de primeira necesidade, e a entidades como a Fundación Banco de Alimentos de Alacant, a Cruz Vermella ou Cáritas, entre outras.

Ampliación Bloque Loxístico de Mercadona en San Isidro (Alacant)Ampliación Bloque Loxístico de Mercadona en San Isidro (Alacant).