Lineal de café no supermercado de Mercadona

Mercadona reforza a calidade das súas cápsulas para café e elimina o plástico do seu envase

08 de novembro de 2021
  • As variedades renovadas son Descafeinado, Espresso, Colombia, Doble Espresso, Ristretto e Extraforte.
  • O plástico das cápsulas e da caixa substitúese por aluminio e cartón, respectivamente.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, renova a fórmula das cápsulas para máquina de café para darlle máis corpo, sabor, aroma e unha crema máis abundante e duradeira. Desta maneira, a compañía adáptase ás necesidades dos seus “Xefes” (clientes), que pedían un café distinto para segundo que momento do día.

Así mesmo, e como parte da súa Estratexia 6.25 que persegue diminuír nun 25 % o uso de plástico dos seus envases eliminando o que non engada valor, substituíndoo por outros materiais e incorporando plástico reciclado, a compañía substituíu este material, tanto da caixa como das súas cápsulas, por cartón e aluminio, respectivamente.

As variedades renovadas foron Descafeinado, Espresso, Colombia, Doble Espresso, Ristretto e Extraforte. Esta nova receita, elaborada polo Provedor Totaler Delica nas súas instalacións situadas en Suíza, estase incorporando de forma progresiva en todas as tendas que a compañía ten situadas en España ata finais do mes de novembro.

Calidade Total ao mellor prezo

Mercadona puxo en marcha a estratexia SPB (Sempre Prezos Baixos) en 1993, despois de observar e constatar que os produtos que máis se vendían eran os que tiñan unha Calidade Total ao mellor prezo, sempre nesa orde; e non cambiaban constantemente o seu custo. Durante todos estes anos, a compañía non deixou de apostar pola calidade, que é un dos retos principais aos que a diario se enfrontan todos os departamentos da cadea e cuxo impulso representa unha clara oportunidade para poder seguir ofrecéndolle ao “Xefe” (cliente) produtos, un a un, diferenciais.

E todo a través dunha estratexia que fomenta o consumo consciente e crítico, que se guía por criterios sociais e medioambientais, e que persegue un obxectivo claro: garantir un consumo de produtos da máxima calidade co menor impacto posible e axudar así a mellorar a calidade de vida das persoas que habitan este planeta e das xeracións futuras.

Lineal de café no supermercado de Mercadona‘Xefa’ no lineal de café de Mercadona.