Cartel oficial da campaña 5.ª Semana contra o desperdicio

Mercadona participa na Semana contra o desperdicio da AECOC

26 de septembro de 2022
  • A AECOC é a organización sectorial que coordina a campaña que ten lugar entre o luns 26 de setembro e o sábado 1 de outubro.
  • A empresa pon a disposición a súa rede de tendas de toda España para apoiar a iniciativa contra o desperdicio.

Mercadona súmase ás accións da 5.ª Semana contra o desperdicio liderada pola Asociación Española de Fabricantes e Distribuidores (AECOC), que ten lugar do 26 de setembro ao 1 de outubro, coincidindo co Día Internacional de Concienciación sobre a Perda e o Desperdicio de Alimentos.

Dende a primeira edición, a compañía participa na sensibilización social deste problema, poñendo a disposición da campaña varios dos seus recursos.

A través da ampla rede de tendas en España, e os medios de cartelería e megafonía, Mercadona divulga a importancia dos alimentos e anima a facer un bo uso destes. Ademais, comparte contido nos seus perfís oficiais de redes sociais, como esta deliciosa receita de aproveitamento para poñer en práctica dende a casa.

O desperdicio alimentario non só é un problema cun forte impacto económico e social, senón que tamén ten un grande impacto negativo medioambiental. Por iso, é tarefa de todos paliar o dispendio alimentario, tanto a poboación en xeral como todos os elos da cadea alimentaria.

Política de Xestión responsable de Residuos

A principal estratexia de Mercadona para evitar os residuos que se xeran nos seus procesos é a redución. En concreto, para combater a problemática social do desperdicio alimentario e reducir o seu impacto, a compañía conta con algunhas medidas:

  • Doazón diaria de produtos. Mercadona realiza doazóns de produtos non aptos para a venda pero si para o consumo a entidades sociais. Na primeira metade de 2022 doáronse 10.800 toneladas de produtos en toda España.
  • Transformación de produtos. A compañía pon a disposición de xestores autorizados aqueles produtos que caducan para transformalos en enerxía, fertilizante ou penso para animais.
  • Pedir o xusto e necesario. En Mercadona axústanse os pedidos á previsión de venda para evitar a acumulación de produtos na tenda.
  • Darlle prioridade á calidade por enriba da estética.
  • Nin ofertas nin promocións. Mercadona non anima a almacenar produtos de máis a través de accións promocionais. A compañía fomenta un consumo responsable e aplica a política de Sempre Prezos Baixos.
  • Liquidación en frescos. Axustar os prezos daqueles produtos que temos de máis para facilitar a súa venda e evitar que os que temos no almacén se estraguen.

Imaxe de cabeceira: Cartel oficial da campaña 5.ª Semana contra o desperdicio.