Novos útiles sostibles dispoñibles en Mercadona

Mercadona elimina os desbotables de plástico dun só uso e substitúeos por útiles sostibles

26 de marzo de 2021
  • Con este movemento a compañía deixará de usar 3.000 toneladas de plástico ao ano, fomentando así a economía circular e diminuíndo o impacto ambiental.
  • En 2025, Mercadona terá reducido un 25 % o plástico nos seus lineais, usará envases reciclables e reciclará todos os seus residuos plásticos.
  • A cadea está levando a cabo a súa Estratexia 6.25 para a redución de plástico e a xestión do seu residuo e transformará en 2021 todos os seus centros ao modelo Tenda 6.25.

Mercadona, fiel ao seu compromiso “Si a seguir coidando o Planeta”, desenvolve dende hai máis de dous anos a Estratexia 6.25 para a redución do plástico e a adecuada xestión dos seus residuos, que se concreta en 6 accións que se van desenvolver ata 2025.

Mercadona culminou a segunda acción da estratexia ao eliminar os produtos desbotables de plástico dun só uso en todas as tendas da cadea, que foron substituídos por outros feitos de materiais sostibles. Os novos útiles están fabricados con materiais respectuosos co medio ambiente como o cartón, a madeira, a cana de azucre e o plástico reutilizable, que ademais se pode lavar no lavalouzas tras cada un dos seus múltiples usos.

Os novos útiles de Mercadona son ademais reciclables, que é outro dos compromisos adquiridos a través da Estratexia 6.25: que todos os residuos poidan reciclarse e ter unha segunda vida. Para facilitarlles aos “Xefes” (clientes) a reciclaxe, os envases que envolven os novos útiles incorporan un pictograma que indica o contedor no que deben depositarse. A compañía impulsa desta maneira a economía circular ofrecéndolles aos seus “Xefes” unha categoría de produtos de uso eficiente e sostible.

Coa culminación desta segunda acción, Mercadona deixa de usar 3.000 T de plástico ao ano, o que equivalería a 120 camións.

Mural novos útiles sostibles MercadonaDetalle do mural dunha tenda cos novos útiles do fogar.

A compañía investirá máis de 140 millóns de euros na Estratexia 6.25, un paso adiante no seu compromiso de seguir coidando o planeta

A Estratexia 6.25, que ten o triplo obxectivo para 2025 de reducir un 25 % o plástico, facer todos os envases reciclables e reciclar todos os residuos plásticos xerados nas súas instalacións, estase levando a cabo a través dun total de 6 accións que levan consigo modificacións en diferentes procesos da compañía, dende o redeseño dos envases do futuro en coordinación cos provedores, a adaptación das tendas e a loxística, a xestión de residuos, etc. En total, a compañía ten previsto investir 140 millóns de euros nos próximos catro anos para levar a cabo todos os fitos que forman a devandita estratexia.

O pasado xaneiro alcanzouse o primeiro fito da estratexia: eliminar as bolsas de plástico dun só uso de todas as seccións das tendas físicas e no servizo a domicilio e en liña. Agora, a cadea ofrécelles aos clientes bolsas compostables -fabricadas a partir de fécula de pataca- que deben depositarse no contedor de materia orgánica, como indica o pictograma que se incluíu nas bolsas coa intención de facilitarlles aos clientes a separación e reciclaxe dos seus residuos. Este símbolo tamén se incorporou ao resto de bolsas da liña de caixas onde Mercadona dispón dende hai tempo de tres opcións reutilizables e sostibles. O cumprimento desta primeira acción da Estratexia 6.25 supón unha redución de 3.200 T de plástico ao ano.

Para levar a cabo a redución de plástico nos seus envases, a acción 3 da estratexia, a empresa desenvolve diferentes estratexias como a eliminación do plástico e a substitución por outros materiais, a redución, a reutilización ou a incorporación de material reciclado para diminuír o uso de materiais virxes e fomentar a economía circular.

A cadea comezou a traballar nesta estratexia en 2019 implicando a todos os traballadores da empresa no reto de Seguir Coidando o Planeta e facendo máis sostibles diferentes procesos da cadea de montaxe.

A empresa conta cun equipo de traballo que coordina todas as áreas de actuación da Estratexia 6.25 e está formado por traballadores e traballadoras dos diferentes procesos da compañía como Tendas, Prescrición, Informática, Compras, Loxística, Financeiro, Relacións Externas e Obras.

Mercadona xa adaptou 72 tendas de España e Portugal ao modelo Tenda 6.25, que se irá estendendo a toda a cadea durante 2021

Estes centros, nos que xa se poden observar avances da estratexia, teñen como obxectivo escoitar a opinión de clientes e traballadores respecto a todas as accións que a empresa está desenvolvendo. Durante este tempo recibíronse máis de 5.000 opinións e suxestións, tanto de clientes como de traballadoras e traballadores, que están contribuíndo a mellorar a aplicación das distintas accións definidas para reducir o plástico e impulsar a economía circular.

Mercadona irá facilitando información sobre a Estratexia 6.25 na sección ‘Coidemos o Planeta’ da súa web corporativa; onde, ademais, “O Xefe” encontrará contido sobre reciclaxe, sostibilidade e o compromiso medioambiental de Mercadona.

Texto 2 Imagen Tienda 6.25

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Mercadona, dentro do compromiso de compartir coa sociedade parte de canto recibe dela, desenvolve o Plan de Responsabilidade Social, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte desta política, Mercadona colabora con máis de 290 comedores sociais, 60 bancos de alimentos e outras entidades sociais de toda España e Portugal, aos que doa diariamente e participa nas campañas de recollida de alimentos que as devanditas entidades organizan. De feito, en 2020 a compañía doou a todas estas entidades e organizacións un total de 17.000 toneladas de alimentos, 15.800 en España e 1.200 en Portugal, cantidades que se foron incrementado dende que a compañía tomou a decisión de reforzar os procesos de doazón de produtos de primeira necesidade aos Comedores Sociais e Bancos de Alimentos cos que viña colaborando habitualmente. Igualmente, Mercadona colabora estreitamente con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con distintos graos de discapacidade.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade medioambiental. Para iso, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, baseado nos principios da Economía Circular e enfocado á optimización loxística, a eficiencia enerxética, a xestión de residuos, a produción sostible e a redución de plástico. Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Pensando na mobilidade sostible do “Xefe”, a empresa dispón xa de 1.350 prazas de aparcadoiro con puntos de recarga para vehículos eléctricos situados nos aparcadoiros de máis de 500 tendas. Mercadona comezou a instalar puntos de recarga para vehículos eléctricos en 2017 coa implantación do Novo Modelo de Tenda Eficiente e prevé seguir aumentando esta cifra ao longo de 2021.

Mercadona é socia dende o ano 2011 do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.

Logo EActiVate