Innovacións 2021 Mercadona polo Institut Cerdà

A xornada laboral de 5 días e o paquete divisible de Radler e Shandy de Mercadona, entre as grandes innovacións do consumo en España

10 de febreiro de 2022
  • Recoñécese a Mercadona como a primeira empresa do sector en facilitarlle dous días de descanso semanal á totalidade de traballadores das súas tendas, promovendo a conciliación laboral e familiar.
  • Tamén se inclúe o sistema de suxeición das botellas de cervexa, que introduciu o provedor Martens en exclusiva para Mercadona en España, e que substitúe o filme de plástico por un adhesivo para a súa agrupación.
  • O Observatorio de Innovación en Gran Consumo do Institut Cerdà recoñece diversos proxectos e boas prácticas innovadoras no sector alimentario español.

O Institut Cerdà deu a coñecer esta mañá, durante a celebración da súa quinta edición do Observatorio de Innovación en Gran Consumo, as innovacións do sector en 2021.

Entre elas, destacou a implantación en todos os supermercados de Mercadona da chamada Xornada 5 + 2, que a converte na primeira empresa do sector en facilitarlle ao cadro de persoal dous días de descanso semanais así como 8 fins de semana longas ao ano. Segundo destacou o Observatorio para a Innovación “supón un avance significativo en canto á conciliación laboral, persoal e familiar dos traballadores do sector comercio” e “reforza o compromiso cun emprego e ámbito laboral de calidade, un camiño iniciado en 1995 cando se puxo en marcha o proceso de converter en fixo todo o seu cadro de persoal”.

Ademais, destacouse entre as principais innovacións a desenvolvida polo provedor de cervexas Martens, en exclusiva en España para Mercadona, introducindo no Gran Consumo nacional as primeiras botellas que substitúen o filme de plástico por un adhesivo para a súa agrupación en dúas referencias: os paquetes de 6 botellas das cervexas Shandy e Radler, da marca Steinburg. Isto permitiu o aforro de máis de 30 toneladas de plástico anuais, sen necesidade de substituír o filme por cartón ou outros materiais.

Modelo de coinnovación de Mercadona

Para Mercadona, a satisfacción do “Xefe” (cliente) é a clave fundamental da súa actividade, e sitúao sempre no centro das súas decisións. Por iso dispón dun Modelo de Coinnovación pioneiro, no que traballa dende 2011, a través da súa Estratexia Mandil. Desta maneira comparte cos clientes experiencias e costumes de consumo de alimentación e bebidas, limpeza do fogar, aseo persoal e coidado de mascotas, trasladándollelos despois aos provedores e impulsando desta maneira unha colaboración directa para mellorar a calidade e elaborar novos produtos.

A empresa conta cunha rede de 20 centros de coinnovacion en España e Portugal, cuxas instalacións se destinan á innovación, impulsando a mellora continua nos procesos e produtos, estudando as necesidades e os desexos dos clientes para ofrecerlles, dunha maneira áxil, as mellores solucións, nun contexto cada vez máis cambiante.

Envase sostible nas cervexas Radler de MercadonaEnvase sostible nas cervexas Radler de Mercadona.

Traballadora de Mercadona no lineal das caixasTraballadora de Mercadona no lineal das caixas.