Compra online
Ahora más sencillo y rápido
En Mercadona seguimos traballando en revisar e mellorar todos os nosos envases para que sexan os máis adecuados para o produto que conteñen, garantindo sempre a Seguridade Alimentaria e a Calidade.
Como empresa responsable coa sociedade e co medio ambiente o noso compromiso é reducir o uso de plástico e conseguir que o seu residuo se converta de novo en recurso, aplicando os principios da Economía Circular a través de accións concretas:
− Optimizar a cantidade de material que conteña o envase.
− Favorecer que os nosos envases sexan reciclables.
− Reciclar o residuo plástico que xeramos nos nosos procesos internos.
− Informar no envase de como separar na casa para reciclar.
Na nosa páxina web poderás encontrar a sección Coidemos o Planeta, onde podes coñecer máis sobre:
− Os nosos avances en materia de sostibilidade, tamén en plásticos.
− Contido formativo básico sobre reciclaxe (como por exemplo en que contedor hai que reciclar. Dispoñemos dunha guía descargable con cores para saber separar os residuos no fogar).