Att cliente

O noso compromiso co Medio Ambiente e coa Redución de Plástico

O noso compromiso co Medio Ambiente e coa Redución de Plástico

En Mercadona seguimos traballando en revisar e mellorar todos os nosos envases para que sexan os máis adecuados para o produto que conteñen, garantindo sempre a Seguridade Alimentaria e a Calidade. 

Como empresa responsable coa sociedade e co medio ambiente o noso compromiso é reducir o uso de plástico e conseguir que o seu residuo se converta de novo en recurso, aplicando os principios da Economía Circular a través de accións concretas:

− Optimizar a cantidade de material que conteña o envase.
− Favorecer que os nosos envases sexan reciclables.
− Reciclar o residuo plástico que xeramos nos nosos procesos internos.
− Informar no envase de como separar na casa para reciclar.

Na nosa páxina web poderás encontrar a sección Coidemos o Planeta, onde podes coñecer máis sobre:

− Os nosos avances en materia de sostibilidade, tamén en plásticos.
− Contido formativo básico sobre reciclaxe (como por exemplo en que contedor hai que reciclar. Dispoñemos dunha guía descargable con cores para saber separar os residuos no fogar).