Grazas ao esforzo e compromiso das 96.000 traballadoras e traballadores conseguiu xestionar con éxito un ano moi difícil e complexo.
- A compañía decidiu non trasladarlles aos seus clientes as subidas de custos derivadas do incremento de prezos das materias primas en orixe, o transporte e os prezos industriais, que tiveron un impacto de 100 millóns de euros na súa marxe operativa, e que provocou un descenso do 6 % do beneficio neto, que foi de 680 millóns de euros en 2021.
- A pesar do difícil escenario ao que se enfrontou, Mercadona continuou avanzando na súa brutal transformación co obxectivo de ser unha empresa máis dixital e sostible, para o que investiu 1.200 millóns de euros.
- A compañía creou 1.000 novos postos de traballo con contrato fixo e garantiu o poder adquisitivo do cadro de persoal cunha subida salarial acorde co IPC de España e Portugal, e volveu recoñecer o esforzo do cadro de persoal coa repartición dunha prima por obxectivos de 375 millóns de euros, o 25 % do beneficio total xerado.
- En 2021, Juan Roig e Hortensia Herrero volveron destinar 100 millóns de euros de parte dos seus dividendos a reactivar a economía da Comunitat Valenciana e de España, cifra que repetirán en 2022 “porque o coñecemento e o diñeiro dan a felicidade… se os compartes”.