O primeiro supermercado con este novo modelo está localizado na poboación de Sant Feliu de Guíxols e abre hoxe as súas portas após a reforma.
- O novo Modelo de Tenda Eficiente mellora a experiencia e optimiza o tempo de compra dos clientes, ademais de xerar un aforro enerxético de até un 40% respecto dunha tenda tradicional.
- Presenta un deseño totalmente renovado con novidades en todas as seccións, novos dispositivos electrónicos para unha xestión interna informatizada e unha mellor xestión da variedade.
- Durante 2017, a compañía prevé reformar e renovar 4 tendas repartidas polas comarcas de Xirona.
A cadea de supermercados Mercadona pon en andamento hoxe en Sant Feliu de Guíxols o seu novo Modelo de Tenda Eficiente que mellora e optimiza a experiencia de compra dos seus "Xefes", como a compañía denomina internamente os seus clientes. Para isto, ten previsto investir 5,7 millóns de euros en reformar e renovar, durante 2017, 4 tendas repartidas polas comarcas de Xirona.
O primeiro establecemento que xa dispón deste novo modelo de tenda está localizado na poboación de Sant Feliu de Guíxols e abre hoxe as súas portas após a reforma levada a cabo durante os últimos dous meses. Este ano tamén se reformarán as tendas de Palafrugell, a tenda de Figueres, localizada na avenida de Montserrat Vayreda (próxima á estación de Vilafant) e a tenda de Xirona, situada fronte á escola Bell-lloc.
No sucesivo, alén das reformas mencionadas, todas as tendas novas que abra Mercadona incorporarán o novo modelo que a compañía comezou a implementar o pasado mes de decembro.
O Mercadona de Sant Feliu de Guíxols: primeiro supermercado co novo modelo de tenda eficiente nas comarcas de Xirona
O primeiro supermercado Mercadona nas comarcas xerundenses que abre con este novo modelo está situado na poboación de Sant Feliu de Guíxols e na súa reforma participaron 40 fornecedores que deron emprego a 120 persoas durante o período de execución da mesma.
O novo modelo de tenda, máis eficiente, renova o deseño de tenda por ambientes iniciado no ano 2000, mellorando a distribución, a decoración e a disposición das seccións. Tamén inclúe un deseño totalmente renovado con novas cores e materiais, quer na fachada exterior de acceso ao supermercado quer na distribución das diferentes seccións. Aposta por espazos amplos e diáfanos que facilitan a entrada de luz natural e cores cálidas na delimitación das diferentes seccións, ao tempo de que dispón de instalacións máis eco-eficientes.
O noso servizo de punto de acabado da carne.
Novidades en todas as seccións
O novo deseño presenta novidades en todas as seccións das cales se benefician tanto os "Xefes" como os traballadores, os fornecedores e a sociedade. Dispón, por exemplo, dunha nova entrada con duplo acristalado, que evita correntes de aire, de andeis específicos para o leite fresco e para os zumes refrixerados, dunha góndola central na perfumería para a cosmética especializada e dunha nova exposición na peixería para os produtos de cuncha, entre outras novidades.
Ademais, procura ofrecer un mellor servizo para facilitar o acto de compra dos clientes mediante a ampliación dos corredores da froita e dos vexetais, dun novo modelo de cesta da compra e de dous modelos de carros, moito máis ergonómicos e lixeiros.
Co obxectivo de facilitar as tarefas cotiás dos traballadores, inclúe tamén múltiples medidas para mellorar a ergonomía e eliminar os sobreesforzos. Para o deseño do novo moble de caixa, Mercadona contou coa colaboración do Instituto de Biomecánica de Valencia. Alén diso, a compañía redeseñou as zonas comúns para que os empregados gocen dunha maior comodidade nos momentos de lecer, así como dunha zona de comedor máis equipada e duns armarios persoais máis amplos e cómodos.
Aforro enerxético e xestión totalmente informatizada: tenda eco-eficiente
Canto ao aspecto medioambiental, téñense tomado medidas que permiten reducir até nun 40% o consumo enerxético, como a mellora do illamento térmico e acústico coa optimización dos materiais e o grosor de paredes e teitos, e novas arcas de conxelado máis eficientes e respectuosas co medio ambiente. Ademais, conta cun sistema de iluminación LED automatizado que se regula segundo as zonas e os momentos do día para unha xestión enerxética moito máis eficiente.
Tamén integra unha serie de dispositivos electrónicos e ferramentas colaborativas cos que poderen compartir información desde calquera sección da tenda, facilitando a autoxestión de cada supermercado e axilizando os procesos de toda a cadea. Entre os novos dispositivos encóntranse, por exemplo, a liña de caixas, as balanzas ou as tabletas electrónicas que substitúen o papel para realizar as xestións administrativas. Todo isto permite optimizar os procesos e coñecer a xestión da tenda en tempo real, facilitando a toma de decisións e contribuíndo a unha maior axilidade, especialmente na xestión dos produtos frescos.