Pormenor do logo de Mercadona nunha fachada.

Mercadona adquire máis de 200.000 metros cadrados en tres parcelas de Parc Sagunt

09 de xuño de 2017

Esta adquisición súmase á realizada pola cadea de supermercados en decembro de 2016, cando adquiriu en Parc Sagunt a parcela Z-2 de máis de 350.000 metros cadrados para construír o seu Principal Almacén.

  • O Consello de Administración de Parque Empresarial de Sagunto, S.L. acordou adxudicar as parcelas I-3-1, I-4 e I-3-2, situadas na avenida Sequia de la Torre e na avenida Sequia de L’Arrif respectivamente, do parque empresarial Parc Sagunt a Mercadona.
  • As parcelas adquiridas, todas elas colindantes entre si, ocupan aproximadamente 53.500m², 106.000m² e 52.500m² cada unha. En total, a compañía adquire máis de 200.000m² en Parc Sagunt.

Mercadona, empresa de supermercados de capital 100% español e familiar, adquiriu tres novas parcelas no parque empresarial da localidade valenciana de Sagunto. O Consello de Administración de Parc de Sagunt, participado ao 50% polo Instituto Valenciano de Competitividad Empresarial e por SEPI Desarrollo Empresarial, aprobou a adxudicación destas parcelas a Mercadona.

Estas tres novas  parcelas, a I-3-2 de aproximadamente 52.500 metros cadrados e situada na avenida Sequia de L’Arrif, a I-3-1 de aproximadamente 53.500 metros cadrados e a I-4 de aproximadamente 106.000 metros cadrados, ambas na avenida Sequia de la Torre, serán destinadas a futuras necesidades que poidan xurdir de servizos auxiliares no Principal Almacén a construír na parcela de máis de 350.000 metros cadrados que adquiriu en decembro de 2016.

A compañía adquire por 17 millóns de euros estas tres novas parcelas, que sumados aos 24 millóns de euros que investiu en 2016 para a adquisión a parcela Z-2, supoñen un investimento total de 41 millóns de euros na zona. Oriol Montanyà, Director Xeral de Loxística de Mercadona, sinalou que estas parcelas “servirán para complementar con almacéns de servizos, grupaxe e envases as futuras necesidades que poidan xurdir no Almacén Principal que a compañía ten previsto construír".

Rede loxística eficiente de Mercadona

Desde hai case unha década a rede loxística da compañía, formada actualmente por 14 bloques loxísticos -tres deles en proxecto e construción- e 3 almacéns satélite, caracterízase pola súa aposta pola innovación e o desenvolvemento de almacéns totalmente automatizados. Estes almacéns intelixentes, que permiten eliminar calquera manipulación e sobreesforzo dos traballadores e traballadoras, contribúen a previr e reducir o risco de accidentes laborais, para alén de incrementaren a productividade e a eficiencia.