Rosario, traballadora de Mercadona recentemente xubilada, na porta do supermercado de Santa Pola en que traballou durante 23 anos

Rosario, traballadora de Mercadona recentemente xubilada conta a súa historia

07 de febreiro de 2018
  • Rosario Rodes conta neste vídeo a súa experiencia de traballo en Mercadona após 23 anos na compañía. 

Vídeo en español

Rosario, recentemente xubilada, comparte a súa historia como traballadora de Mercadona durante 23 anos nunha das nosas tendas en Santa Pola (Alacante).

Rosario conta que é o que máis valora do seu traballo en Mercadona estes anos como carniceira de corte.

Rosario di que, como traballadora de Mercadona, aquilo que máis a enriqueceu foi o trato cos seus compañeiros e compañeiras e mais a relación próxima cos clientes. Tamén lembra como foi o seu último día na tenda e a sorpresa que lle prepararon.

A compañía quixo facer visible a historia de Rosario como mostra de recoñecemento do seu traballo en Mercadona durante todo este tempo, alén da representación do compromiso e implicación que teñen os traballadores e traballadoras de Mercadona.

Para Mercadona é un orgullo que Rosario teña compartido o seu esforzo e ilusión connosco durante este tempo e desexámoslle todo o mellor.

Condicións laborais en Mercadona

Mercadona dispón dun Modelo de Recursos Humanos que ofrece un emprego de calidade con estabilidade e outros valores como formación ou promoción. Estas condicións laborais de Mercadona permiten dispor dun equipo de persoas altamente motivadas e aliñadas co proxecto conxunto.