Entrada nova tenda Mercadona Lalín, Pontevedra

Pontevedra - Mercadona abre un novo supermercado ecoeficiente en Lalín

23 de novembro de 2023
  • Ten unha superficie de venda de 1.770 metros cadrados e un aparcadoiro de 165 prazas, 5 delas para vehículos eléctricos.
  • Para a nova tenda, que dará emprego a 32 persoas, realizáronse 26 contratacións novas.
  • A reforma, na que participaron 80 provedores e empregou a 287 persoas na fase de obras, supuxo un investimento de máis de 3,5 millóns de euros.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, abre un novo supermercado eficiente en Lalín, Pontevedra, concretamente na Ronda Norte. Supuxo un investimento de máis de 3,5 millóns de euros e a participación de 80 provedores, que deron emprego a 287 persoas durante a fase de obras.

O supermercado de Lalín, que ten unha superficie de vendas de 1.770 metros cadrados, incorpora a sección “Listo para Comer”. Nela os “Xefes” (clientes) poderán gozar de bebidas frías e pratos listos para consumir servidos en envases fabricados con materiais naturais, como a cana de azucre (material compostable), o cartón ou o papel.

A tenda conta cun aparcadoiro de 165 prazas (5 delas para vehículos eléctricos) e dispón, entre outras melloras, dunha nova entrada con dobre cristal que evita correntes de aire, uns corredores máis amplos ou unha área de descanso con cadeiras e mesas onde os “Xefes” poden consumir o prato acabado de preparar e acompañalo con bebidas frías.

Con esta inauguración, dos 60 supermercados de Mercadona en Galicia xa son 50 os que teñen implantado este modelo eficiente. Trátase de tendas que contan con espazos máis amplos e diáfanos, que facilitan a entrada de luz natural, ademais de novas cores e materiais tanto na fachada exterior de acceso como na distribución das distintas seccións.

Aforro enerxético e redución de dióxido de carbono

En canto ao aspecto medioambiental, tomáronse varias medidas que permiten reducir ata un 40 % o consumo enerxético respecto ao modelo de tenda convencional, como a mellora do illamento térmico e acústico coa optimización dos materiais e o grosor de paredes e teitos ou novos mobles de conxelado máis eficientes. Conta cun sistema de iluminación LED automatizado que se regula segundo as zonas e os momentos do día para unha mellor xestión enerxética.

Outra das medidas é a colocación de 540 módulos fotovoltaicos cos que seguir avanzando cara ao autoconsumo e cara á descarbonización, porque unha tenda de Mercadona con paneis solares aforra aproximadamente un 20 % do seu consumo enerxético anual respecto a unha tenda sen enerxía fotovoltaica instalada; isto supón unha redución aproximada de 30 toneladas de CO2 por supermercado.

Co obxectivo de facilitar as tarefas diarias dos traballadores (32 en total, dos que 26 son postos de nova creación), este novo supermercado inclúe múltiples medidas para mellorar a ergonomía e eliminar sobreesforzos. Por exemplo, o novo moble de caixa desenvolveuse en colaboración co Instituto de Biomecánica de Valencia. A tenda tamén dispón de zonas comúns para que os empregados gocen dunha maior comodidade nos seus momentos de descanso.

Mercadona en Galicia

Mercadona conta con 60 tendas en Galicia e un cadro de persoal de 2.661 persoas con emprego estable e de calidade. Durante 2022 realizou compras a provedores galegos por valor de 1.641 millóns de euros e investiu na comunidade 22,4 millóns de euros.

Dentro do seu plan de acción social, Mercadona desenvolve un importante labor de apoio ás diferentes entidades sociais que axudan aos colectivos máis desfavorecidos. Isto traduciuse durante o último ano en 2.496 toneladas de produtos de primeira necesidade doados a comedores sociais e outras institucións galegas como Bancos de Alimentos, Cruz Vermella ou Cáritas, que, ademais, supón un 22 % máis con respecto ao ano anterior. Dende este supermercado, a compañía doará a diario á asociación O Mencer de Lalín produtos de primeira necesidade, como carne, froita, verdura, peixe ou lácteos, que son aptos para o seu consumo, pero non para a venda e contribuirá, desta forma, ao labor solidario que a entidade desenvolve na comarca.

Sección LpC nova tenda Mercadona Lalín (Pontevedra)Sección de Listo para Comer no novo supermercado eficiente de Mercadona en Lalín.

Fachada Mercadona Lalín, PontevedraEntrada nova tenda de Mercadona en Lalín, Pontevedra.