- Os clientes da compañía poderán facer doazóns monetarias no momento da compra a favor dos Bancos de Alimentos.
- Esta modalidade de doazón na caixa permitiralles aos Bancos de Alimentos comprar os alimentos que realmente necesiten, nas cantidades que necesiten e ao longo dun ano.
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, súmase á Gran Recollida de Alimentos 2023 organizada pola Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL) do 24 ao 30 de novembro. A compañía pon a disposición da campaña os seus puntos de venda para a recadación de fondos, co obxectivo de darlles aos seus clientes a posibilidade de participar neste grande evento solidario anual a favor dos Bancos de Alimentos.
En total participarán 1.632 tendas de Mercadona de toda España, como vén sendo xa habitual, e a colaboración da compañía na Gran Recollida realizarase mediante doazóns monetarias, múltiplo de 1 €, que os clientes poderán realizar no momento da compra ao pasar pola caixa.
As cantidades doadas transformaranse integramente nos alimentos e produtos que os Bancos de Alimentos participantes necesiten, nas cantidades que necesiten e ao longo dun ano. Deste xeito, a doazón na caixa permite cubrir de forma máis eficiente as necesidades reais dos usuarios finais.
Folleto Gran Recollida de Alimentos en Mercadona
Doazóns de Mercadona en 2023
A compañía doou no primeiro semestre de 2023 máis de 10.500 toneladas de alimentos e produtos de primeira necesidade a comedores sociais, bancos de alimentos e outras entidades sociais de toda España e Portugal. Esta doazón de toda a cadea correspondente á primeira metade do ano é o equivalente a 174.200 carros da compra.
Mercadona colabora con máis de 650 comedores sociais, 65 bancos de alimentos e outras entidades de España e Portugal que reciben diariamente doazóns para apoiar ás persoas que máis o necesitan.
Detalle da doazón na caixa na Gran Recollida de Alimentos en Mercadona.
Separador de caixa en Mercadona con motivo da Gran Recollida.