Los Jardines de Infancia

Os Xardíns de Infancia, un valor engadido para a conciliación dos traballadores de Mercadona

24 de novembro de 2016
  • A compañía dispón de centros de educación infantil nalgúns dos seus bloques loxísticos co obxectivo de mellorar a conciliación laboral e familiar dos traballadores de Mercadona.
  • O Xardín de Infancia “Piu-Piu”, orixinario do centro loxístico de Sant Sadurní d'Anoia (Barcelona) cumpre o seu 15º aniversario xa nas novas instalacións do bloque loxístico de Abrera.

No ano 2001, a compañía foi pioneira en aplicar por primeira vez en España esta medida para axudar na conciliación familia-traballo dos traballadores de Mercadona dalgúns dos seus bloques loxísticos. Mercadona, ademais de no bloque loxístico de Abrera, tamén dispón de centros de educación infantil noutros bloques loxísticos: Huévar del Aljarafe (Sevilla), San Isidro (Alacante) ou Ciempozuelos (Madrid).

O pasado mes de setembro, o Xardín de Infancia “Piu-Piu” do bloque loxístico de Mercadona en Sant Sadurní d’Anoia (Barcelona) trasladouse ao novo bloque loxístico de Mercadona en Abrera de Llobregat, tamén en Barcelona. Este centro infantil cumpre 15 anos ao servizo de centos de familias que puideron gozar e continúan a gozar deste valor engadido que Mercadona pon á disposición do seu cadro de persoal.

Educadora y bebés en el jardin de infanciaUnha educadora conta un conto aos alumnos da gardería do bloque loxístico de Abrera.

Concretamente, neste Xardín de Infancia do centro loxístico de Abrera medran 30 nenos e nenas de idades entre 0 e 3 anos. Unha das principais vantaxes da gardería, que abre os 365 días do ano de 6h00 a 22h00 horas, é que conta con quendas de mañá, de tarde e de noite, o cal achega flexibilidade para a adaptación ao horario dos traballadores de Mercadona. Ademais, o centro de educación infantil está composto por unha equipa de profesionais entre os que se encontran educadores, psicopedagogos, logopedas e mestres.

Coñece neste vídeo a historia de Joan, traballador de Mercadona, e do seu fillo, ou a historia da parella Sacri e mais Álvaro e os seus fillos, primeiros usuarios da gardería hai xa 15 anos. Son só uns exemplos entre as historias doutras moitas familias que gozan deste servizo engadido como traballadores de Mercadona.

Vídeo en español.

Condicións laborais en Mercadona

En Mercadona o traballador é un elemento moi valioso. Mercadona dispón dunha política de Recursos Humanos encamiñada á procura da satisfacción de todos os traballadores e traballadoras de Mercadona. Entre outros valores, Mercadona aplica un modelo de Recursos Humanos recoñecido por ofrecer empregos estables e de calidade, ben como formación e promoción e soldos por riba da media do sector.