- A compañía participa na Gran Recollida de alimentos organizada pola Federación Española de Bancos de Alimentos os días 25 e 26 de novembro.
- Mercadona colabora coa localización de puntos de recollida de alimentos en máis de 1.200 dos seus supermercados de toda España e coa disposición dos seus recursos humanos e loxísticos.
Mercadona únese, un ano máis, á Gran Recollida para os bancos de alimentos de todo o territorio nacional mediante a colocación de puntos de recollida de alimentos en máis de 1.200 tendas. Esta iniciativa cumpre este ano o seu 20º aniversario.
Na Gran Recogida de 2015, grazas aos voluntarios participantes e á solidaridade de milleiros de clientes, Mercadona entregou os alimentos e produtos básicos recollidos a través dos seus recursos humanos e loxísticos aos Bancos de Alimentos, para que se encargasen de distribuílos entre os seus usuarios de toda España.
Desde Mercadona animamos os nosos clientes a participar coa súa solidariedade nos puntos de recollida de alimentos que estarán localizados nas nosas tendas este venres 25 e sábado 26 de novembro.
Máis información sobre a Gran Recollida na Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL).
Doazóns de alimentos Mercadona
No exercicio 2015, dentro das súas accións de compromiso social, Mercadona doou 4.200 toneladas de alimentos e doutros produtos básicos a organizacións benéficas e sociais de toda España, o equivalente a 70.000 carros da compra. Ademais, Mercadona aplica diversas estratexias para evitar o desaproveitamento de alimentos.
Documento en español
Mercadona colabora en la Gran Recogida