Produtos para celíacos dispoñibles nos lineais de Mercadona

Mercadona únese ao Día Nacional do Celíaco 2022

27 de maio de 2022
  • Como cada 27 de maio, fiel ao seu compromiso coas persoas celíacas, Mercadona únese ao Día Nacional do Celíaco para visibilizar esta enfermidade.
  • A compañía ofrece nos seus lineais 1.400 produtos sen glute e continúa traballando no desenvolvemento dunha oferta apta para persoas celíacas.

O compromiso de Mercadona cos “Xefes” (clientes) que padecen intolerancias ou alerxias alimentarias ao glute é un feito. A compañía únese ao Día Nacional do Celíaco para visibilizar esta enfermidade e continuar co seu propósito de ser unha empresa que a sociedade queira que exista.

Selección de produtos sen glute dispoñible en Mercadona

Os Xefes celíacos poden encontrar nos lineais 1.400 referencias de produtos sen glute de Mercadona. Ademais, a compañía continúa traballando diariamente para mellorar e desenvolver unha ampla oferta coa máxima calidade sempre.

Para iso, Mercadona colabora directamente cos “Xefes” que non poden inxerir este tipo de proteína mediante sesións de coinnovación e así poder coñecer e satisfacer as súas necesidades. Ademais, tamén se apoia nos seus provedores especialistas e distintas asociacións de celíacos de referencia en España para a elaboración de produtos.

Mercadona co colectivo celíaco

Dende hai anos Mercadona colabora con distintas entidades de referencia en España como a Federación de Asociacións de Celíacos de España (FACE)  e as súas asociacións autonómicas, Celíacs de Catalunya (SMAP), a Asociación de Celíacos e Sensibles ao Glute (ACSG) e a Asociación Española de Persoas con Alerxia a Alimentos e Látex (AEPNAA).

Grazas á colaboración con estas entidades, a compañía coñece mellor as necesidades deste colectivo e promove accións dirixidas a persoas con enfermidade celíaca ou sensibilidade ao glute.

Produtos sen glute de Mercadona

Coñece máis sobre os produtos sen glute de Mercadona no apartado de Consellos Sen Glute.