Cartel da Gran Recollida de Alimentos 2019

Mercadona súmase á Gran Recollida de Alimentos

22 de novembro de 2019
  • Mercadona participa un ano máis na Gran Recollida de Alimentos organizada pola Federación Española de Bancos de Alimentos.
  • A recollida celébrase durante os días 22 e 23 de novembro.
  • Consulta a lista de tendas participantes que Mercadona pon a disposición dos bancos de alimentos para facer a doazón de produtos.

Mercadona pon a disposición da Federación Española de Bancos de Alimentos puntos de recollida na maioría das súas tendas para a Gran Recollida de Alimentos. A compañía colabora desta forma na iniciativa que se celebra durante esta fin de semana, o 22 e 23 de novembro.

Ademais, Mercadona achega os seus recursos humanos e loxísticos para facer chegar os produtos doados a cada un dos bancos de alimentos, facilitando a distribución dos produtos para que poidan ser repartidos por toda España.

O noso compromiso é animar aos nosos clientes a participar na recollida doando produtos nos puntos de recollida colocados nas tendas. Para máis información sobre a Gran Recollida de Alimentos visita a web da Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL).

Vídeo en español:

Consulta a lista das tendas participantes de Mercadona

Documento en español:

Parte hartzen duten Mercadonaren denden zerrenda

Descargar

 

Doazón de alimentos de Mercadona a institucións e entidades sociais

Ao longo do ano Mercadona colabora con bancos de alimentos, comedores sociais e outras entidades benéficas que axudan a moitas persoas de toda España. En concreto, en 2018 a compañía doou 8.300 toneladas de alimentos a través das distintas iniciativas nas que participa en todas as Comunidades e Cidades Autónomas de España. 

Así mesmo, Mercadona traballa na súa política de xestión de residuos para reducir os desperdicios en todos os seus procesos. Estas son as estratexias para evitar e previr o desperdicio de alimentos.