Traballador de Mercadona na tenda

Mercadona sitúase como a empresa máis atractiva do sector distribución para atraer e reter talento en 2020

07 de abril de 2021
  • O Monitor Español de Reputación Corporativa (Merco), recoñece a Mercadona como a segunda mellor empresa do país para traballar na súa clasificación global.
  • Na enquisa participaron máis de 39.000 persoas que valoraron positivamente as condicións laborais de Mercadona.

Nun ano tan complexo como foi 2020, Mercadona foi recoñecida como a mellor empresa do sector da distribución xeralista e a segunda a nivel global para atraer e reter talento. A compañía ocupa estas posicións na clasificación de Merco Talento do Monitor Español de Reputación Corporativa, un dos principais monitores empresariais de reputación corporativa de referencia en España e Latinoamérica dende 2006.

Para a elaboración da clasificación contouse coa valoración de máis de 39.000 persoas que avaliaron a xestión das traballadoras e traballadores e as diferentes dimensións reputacionais que teñen que ver co talento, tendo en conta a percepción de todos os colectivos sobre a capacidade das empresas á hora de captar e reter o talento. Con estas enquisas, Merco recoñece as 100 empresas máis atractivas para traballar en España.

Consciente de que aínda existe percorrido de mellora no ámbito dos recursos humanos, Mercadona móstrase moi orgullosa dos resultados obtidos nun ano no que as traballadoras e traballadores da compañía demostraron a súa capacidade de xestión e superación, realizando un grande esforzo para facer fronte ás circunstancias producidas pola COVID-19.

As condicións laborais de Mercadona

Para a compañía O Traballador é un dos compoñentes máis importantes. O modelo de Recursos Humanos de Mercadona ofrece un traballo estable e de calidade, con salarios por enriba da media do sector, formación e a posibilidade de ascender internamente.

As condicións dos traballadores de Mercadona tamén foron recoñecidas pola Organización Internacional do Traballo (OIT) en canto a emprego estable e de calidade.

Pé de foto: Pepe, traballador do supermercado de El Pinillo II de Torremolinos, Málaga.

Logo EActiVate