- Este premio é un recoñecemento á colaboración de Mercadona coa entidade nos últimos anos.
O pasado 19 de xaneiro Mercadona recibiu por parte do Banco de Alimentos de Murcia o Premio Matrona 2017. Este galardón entrégaselles ás empresas ou entidades que, ao longo do ano pasado, demostraron a súa xenerosidade a través das achegas realizadas ao Banco de Alimentos, que posteriormente distribúen entre as familias murcianas nunha situación máis vulnerable.
Acto de entrega do Premio Matrona 2017 a Mercadona.
O premio foi recollido pola Directora rexional de Relacións Externas de Mercadona, Ana Belén Martínez, de mans do Presidente do Banco de Alimentos, Bonifacio Fernández, e do alcalde de Murcia, José Ballesta. No acto celebrado no Palacio de Almudí de Murcia, o alcalde da cidade destacou a xenerosa colaboración de Mercadona ao longo dos últimos anos e agradeceulle á empresa o labor desinteresado que está a realizar a prol das familias murcianas.
Mercadona dooulles no 2017 máis de 9.600 toneladas a Bancos de Alimentos, comedores sociais e outras entidades.
Imaxe de cabeceira: Ana Belén Martínez, Directora de Relacións Externas de Mercadona na Rexión de Murcia, recibe o Premio Matrona 2017 por parte do Presidente do Banco de Alimentos, Bonifacio Fernández, e do alcalde de Murcia, José Ballesta.