Deseño explicativo sobre a xestión de refugallo de Mercadona

Estas son as medidas de Mercadona para evitar o desaproveitamento de alimentos

18 de xaneiro de 2018
  • Mercadona dispón desde hai anos dunha política de xestión de refugallo para reducir os reboutallos en todos os seus procesos.

Estas son algunhas das estratexias de Mercadona para evitar e previr o desaproveitamento de alimentos.

Vídeo en español

1. Árbore completa: Vender Calidade

Na venda de Froita e Vexetais, Mercadona prioriza a calidade por enriba da estética. Un exemplo é o servizo de zume de laranxa acabado de espremer que se nutre de laranxas dunha gran calidade mais que, quer polo seu aspecto quer polo menor tamaño, anteriormente tiñan unha difícil saída ao mercado. Alén diso, Mercadona trata de ofrecer produtos directos do campo evitando, na medida do posible, a manipulación intermedia e permitíndolles aos nosos clientes o aforro e un maior aproveitamento agrícola.

2. Pedir o xusto e necesario

En Mercadona tratamos de regular moi ben os pedidos para se axustaren á previsión de venda e evitar a xeración dun sobrestock ou acumulación de produtos na tenda.

3. Ser tendeiros

Mercadona axusta os prezos en función do stock. Se a dispoñibilidade de produtos sobe, os prezos baixan. Deste xeito, véndense máis axiña, todos gañamos e non tiramos. Estas prácticas son visibles sobre todo nas nosas seccións de frescos como medida para dar saída a diferentes produtos antes de que se estraguen.

4. Só o que precisas

En Mercadona non animamos os nosos clientes a almacenaren ou mercaren de máis. Non realizamos promocións ou ofertas. No seu lugar, dispoñemos da política comercial SPB (Sempre Prezos Baixos), que lles garante aos clientes o mínimo prezo unitario coa máxima calidade.

5. Doamos os produtos aptos

Se un produto non se vende e é apto para o consumo, doámolo a comedores sociais e outras entidades a través dos nosos recursos humanos e loxísticos para chegaren aos usuarios destes centros en óptimas condicións. No peche de 2017 colaboramos con máis de 140 comedores sociais de toda España.

6. Convertemos o inservible

Se por algún motivo un produto caduca, retírase da venda e entregámolo a xestores autorizados para o transformaren en enerxía, abono ou penso.

Estas son algunhas das medidas que aplicamos para evitar o desaproveitamento de alimentos. En Mercadona continuamos a traballar para mellorar os nosos procesos nesta dirección.