Momento da entrega do Premio Matrona 2017 a Mercadona, nun acto celebrado no Palacio de Almudí de Murcia

Mercadona recibe o Premio Matrona do ano 2017 do Banco de Alimentos de Murcia

24 de xaneiro de 2018
  • Este premio é un recoñecemento á colaboración de Mercadona coa entidade nos últimos anos.

O pasado 19 de xaneiro Mercadona recibiu por parte do Banco de Alimentos de Murcia o Premio Matrona 2017. Este galardón entrégaselles ás empresas ou entidades que, ao longo do ano pasado, demostraron a súa xenerosidade a través das achegas realizadas ao Banco de Alimentos, que posteriormente distribúen entre as familias murcianas nunha situación máis vulnerable.

Momento da entrega do Premio Matrona 2017 a Mercadona, nun acto celebrado no Palacio de Almudí de MurciaActo de entrega do Premio Matrona 2017 a Mercadona.

O premio foi recollido pola Directora rexional de Relacións Externas de Mercadona, Ana Belén Martínez, de mans do Presidente do Banco de Alimentos, Bonifacio Fernández, e do alcalde de Murcia, José Ballesta. No acto celebrado no Palacio de Almudí de Murcia, o alcalde da cidade destacou a xenerosa colaboración de Mercadona ao longo dos últimos anos e agradeceulle á empresa o labor desinteresado que está a realizar a prol das familias murcianas.

Mercadona dooulles no 2017 máis de 9.600 toneladas a Bancos de Alimentos, comedores sociais e outras entidades.

Imaxe de cabeceira: Ana Belén Martínez, Directora de Relacións Externas de Mercadona na Rexión de Murcia, recibe o Premio Matrona 2017 por parte do Presidente do Banco de Alimentos, Bonifacio Fernández, e do alcalde de Murcia, José Ballesta.