Traballadoras de  Mercadona da sección de peixería.

Vagas de emprego de Mercadona para Campañas de Semana Santa e Verán 2018

24 de xaneiro de 2018

Tes dispoñibilidade para traballar durante períodos vacacionais?

A necesidade de Mercadona de reforzar o cadro de persoal durante esta tempada débese, principalmente, a que hai un incremento de clientes por mor do turismo. O obxectivo desta ampliación é garantir a excelencia no servizo que se lles ofrece os “Xefes” (clientes) nas máis de 1.600 tendas repartidas por toda España.

Ofertas de emprego Mercadona para Campañas de Semana Santa e Verán 2018

Comezamos os procesos de selección para cubrir as necesidades de persoal das nosas tendas para as campañas de Semana Santa e Verán 2018.

Hai vagas dispoñibles para traballar en supermercados de Mercadona en diferentes puntos da xeografía española co obxectivo de cubrir as necesidades de persoal de supermercado.

Os requisitos necesarios para optar á vaga son os seguintes:

Candidatos con estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), dispoñibilidade para traballar de luns a sábado durante períodos vacacionais. Moi valorable o coñecemento de idiomas nalgunhas zonas (inglés, alemán).

Para cubrir a necesidade de postos temporais para tendas de Mercadona, hai vagas de emprego para traballar en Mercadona en diferentes localidades

Inscríbete nas ofertas de emprego de Mercadona do teu interese:

A Coruña         Albacete          Alacante          Almería         Badaxoz     

Barcelona        Cáceres           Cádiz               Castellón      Cuenca    

Xirona              Huelva            Huesca            Illas Baleares   As Palmas      

Lleida              Lugo               Málaga             Murcia           Ourense 

Pontevedra     Salamanca       Santa Cruz de Tenerife          Segovia          

Sevilla            Soria                Tarragona        Teruel              Valencia         

Zamora           Zaragoza

 

Condicións laborais en Mercadona

Mercadona ofrece para estas vagas:

  • Contrato temporal.
  • Xornada Completa e Xornada Parcial.
  • Soldo de 1.312 € brutos/mes para xornada completa (parte proporcional para xornada parcial)  + Plus de idioma (realizarase proba de nivel).

A compañía toma conta da formación das súas traballadoras e traballadores en todos os postos das seccións de Froitería, Peixería, Carnicería, Chacinería, Forno, Perfumería, Limpeza, Servizo a Domicilio, Caixas e Reposición.

Máis información sobre as Condicións laborais en Mercadona.

As persoas interesadas nas diferentes propostas de emprego de Mercadona poden presentar as solicitudes de emprego na nosa web, apartado "Emprego"  e rexistrar o seu Currículum.