Logo de Mercadona nunha porta do Novo Modelo de Tenda Eficiente de Mercadona.

Mercadona reabre o seu novo Modelo de Tenda Eficiente en El Palmar (Murcia)

09 de marzo de 2017
  • Esta tenda volve abrir após dunha reforma integral cun investimento de 1,3 millóns de euros e coa participación de 40 fornecedores, que deron emprego a 150 persoas durante a fase de reforma.
  • Este novo supermercado, completamente conectado tecnoloxicamente, presenta un deseño e unhas seccións totalmente renovadas que melloran a experiencia total de compra dos clientes, cun aforro enerxético até dun 40% respecto dunha tenda tradicional.

Mercadona procedeu a reabrir o supermercado localizado na pedanía de El Palmar, concretamente na Calle Mayor, após unha reforma integral para o adaptar ao novo Modelo eficiente de tenda da compañía, cun investimento de 1,3 millóns de euros e a participación de 150 persoas durante a fase de reforma. 

Este novo supermercado eficiente, que conta cun cadro de persoal fixo de 45 persoas, presenta un novo deseño que mellora a distribución, a decoración e a disposición de todas as seccións co obxectivo de mellorar e optimizar a experiencia de compra dos seus "Xefes", como a compañía denomina internamente os seus clientes. Esta reforma no Palmar conta cunha superficie de sala de vendas de 1.600 metros, e dispón dun deseño totalmente renovado respecto do anterior modelo de tenda, con novas cores e materiais, quer na fachada exterior de acceso ao supermercado quer na distribución das diferentes seccións, apostando por amplos espazos diáfanos que facilitan a entrada de luz natural e cores cálidas na delimitación dos distintos ambientes. 

Novidades en todas as seccións

Ademais, o Novo Modelo de Tenda Eficiente de Mercadona presenta novidades en todas as seccións e delas benefícianse tanto os “Xefes” (clientes), como os traballadores, os fornecedores e a sociedade. Por exemplo, dispón dunha nova entrada con duplo acristalado que evita correntes de aire, de andeis específicos para o leite fresco e os zumes refrixerados, de máquina de zume de laranxa recén espremido, dun novo punto de acabado para a carne, dunha góndola central na perfumería para a cosmética especializada e dunha nova exposición na peixería para os produtos de cuncha, entre outras novidades.

Este novo Modelo de Tenda Eficiente de Mercadona tamén procura ofrecer un mellor servizo para facilitar a compra dos clientes mediante a ampliación dos corredores, un novo modelo de cesta da compra e dous tipos de carros, moito máis ergonómicos e lixeiros. Adicionalmente, co obxectivo de facilitar as tarefas diarias dos traballadores, este supermercado inclúe múltiples medidas para eliminar os sobreesforzos. Para o deseño do moble de caixa, Mercadona contou coa colaboración do Instituto de Biomecánica de Valencia. Ademais, dispón de zonas comúns para que os empregados gocen dunha maior comodidade no tempo de lecer, así como dunha zona comedor máis equipada e duns armarios persoais máis amplos e cómodos.

Aforro enerxético e xestión totalmente informatizada: tenda eco-eficiente

A nivel medioambiental, tomáronse medidas que permiten reducir até nun 40% o consumo enerxético respecto do modelo de tenda convencional, por mor da mellora do illamento térmico e acústico, optimizando os materiais e o grosor de paredes e teitos e con novas arcas de conxelado máis eficientes enerxeticamente e respectuosas co medio ambiente. Ademais, conta cun sistema de iluminación LED automatizado que se regula segundo as zonas e os momentos do día, para unha xestión enerxética moito máis eficiente. Do mesmo xeito, este Novo Modelo de Tenda Mercadona, completamente conectado tecnoloxicamente, integra unha serie de dispositivos electrónicos e ferramentas colaborativas para os traballadores, cos que poder compartir a información desde calquera sección da tenda; o que facilita a autoxestión de cada supermercado e axiliza os procesos de toda a cadea. Entre os novos dispositivos, encóntranse, entre outros, a liña de caixas, as balanzas ou o uso de tabletas electrónicas que substitúen o papel para realizar as xestións administrativas. Todo iso permite optimizar os procesos e coñecer a xestión da tenda en tempo real, facilitando a toma de decisións e contribuíndo a unha maior axilidade, especialmente, na xestión dos produtos frescos. 

O horario de abertura da tenda é de luns a sábado, de 09h00 a 21h30, e dispón dun aparcadoiro de 128 prazas, para facilitar a compra a todos os clientes que se movan en vehículo. Ademais, Mercadona habilitou o seu servizo a domicilio e a compra online a través da páxina web.

Con esta tenda, os clientes de Mercadona beneficiaranse da súa coñecida política comercial S.P.B. (Sempre Prezos Baixos), que a compañía emprega de xeito exclusivo e que consiste en garantir o menor prezo dos produtos, coa mellor calidade, de forma permanente. É grazas a isto que Mercadona pode ofrecerlles aos seus clientes unha variedade eficaz, con independencia de quen fabrique o produto, coa máxima calidade e ao mínimo prezo posible.

Mercadona ten previsto para este exercicio 2017 investir 180 millóns de euros en reformar e renovar con este Novo Modelo de Tenda Eficiente 125 tendas repartidas por toda España, así como investir 5 millóns de euros en I+D+i en novas melloras informáticas. 

Mercadona na Rexión de Murcia

Mercadona conta con 64 supermercados na Rexión de Murcia que proporcionan emprego estable a máis de 3.080 traballadores. Por outra parte, cómpre destacar que Mercadona reforzou ao longo do ano pasado a súa responsabilidade social na Rexión por medio de diferentes iniciativas, doando máis de 160 quilos de alimentos a diferentes organizacións sociais rexionais, entre elas a Cruz Vermella con tarxetas sociedade. Ademais colaborou en múltiples "Operaciones Kilo" con Caritas e outras entidades benéficas, e en iniciativas como a dos Bancos de Alimentos de Murcia e Cartaxena a través da súa campaña "La Gran Recogida", participando cos supermercados que posúe en gran parte dos municipios da Rexión. Tamén colabora con tres comedores sociais como o Jesús Abandonado de Murcia, Beata Piedad da Cruz de Alcantarilla ou o Comedor Social de Cáritas en Cartaxena, doando acotío produtos que retira da venda mais que se encontran en perfecto estado para o consumo.