Manga de orixe España, no lineal de Mercadona

Mercadona prevé comprar máis de 2.500 toneladas de manga de orixe española

07 de outubro de 2020
  • Os “xefes” (clientes) teñen unha alta valoración deste produto, que se encontra en plena tempada, e están consumindo máis de 40.000 quilos ao día.
  • Os provedores SAT 2803 Trops, Provelpack, Frutas Montosa, Tropical Millenium, Sweet Fruits e Exceltrop abastecen toda a cadea con produto de Andalucía.

A aposta de Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, polos produtos frescos e, concretamente, pola froita e verdura de proximidade, provoca que a compañía teña previsto comprar aproximadamente máis de 2.500 toneladas de Manga Orixe España nesta tempada.

A compañía colabora cos provedores desta froita cultivada en Málaga e Granada SAT 2803 Trops, Provelpack, Frutas Montosa, Tropical Millenium, Sweet Fruits e Exceltrop. A variedade é a Osteen, moi valorada polo “Xefe” (cliente), que adquire máis de 40.000 quilos ao día.

A manga española encóntrase en plena tempada e caracterízase por ser olorosa, de sabor doce e textura suave. Esta froita é rica en vitamina A, C e E, ademais de en potasio e magnesio. Contén propiedades antioxidantes, un alto contido en fibra e auga e unha baixa achega calórica, recomendable para manter unha dieta equilibrada.

Froitas e verduras de tempada

Mercadona apoia a iniciativa do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación “Froitas e Verduras de tempada”. Así mesmo, Mercadona defende as prácticas comerciais xustas e dende hai anos está adherida ao Código de Boas Prácticas Mercantís na Contratación Alimentaria. Este acordo voluntario, que supón un novo paso na promoción de prácticas comerciais xustas, enmárcase na Lei de Medidas para Mellorar o Funcionamento da Cadea Alimentaria e está impulsado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) en colaboración con distintas asociacións de toda a cadea agroalimentaria nacional.

Manga de orixe España, no lineal de MercadonaManga de orixe España, no lineal de Mercadona.

Logo EActiVate