Política de Benestar Animal de Mercadona

Así é a política de Benestar Animal de Mercadona

02 de outubro de 2020
  • Todos os produtos de orixe animal de Mercadona proceden de provedores homologados e auditados polas Autoridades competentes, garantindo o cumprimento da lexislación en materia de Benestar Animal. 
  • Ademais, todos os provedores de carne, ovos e leite de Mercadona estarán certificados en Benestar Animal este próximo ano 2021.

Mercadona, no marco da súa responsabilidade social por unha produción moito máis sostible, está comprometida co benestar dos animais. Por iso, dispón dende hai anos dunha Política de Benestar Animal que representa o compromiso e o esforzo da compañía e dos seus provedores para garantir, non só a máxima seguridade alimentaria e calidade dos produtos, senón tamén unhas condicións dignas durante toda a vida do animal.

Mediante a Política de Benestar Animal de Mercadona, a compañía pide e esíxelles aos seus provedores a protección e o benestar dos animais nas explotacións gandeiras e no resto de instalacións ou procesos, e que as súas prácticas, ademais de cumprir coa lexislación vixente, sexan auditadas por organismos terceiros independentes.

Para garantir o cumprimento desta política, Mercadona traballa xunto aos seus provedores para que os animais que proporcionan carne, ovos, leite e outros produtos de orixe animal sexan criados cumprindo as denominadas "5 liberdades".

Política de Benestar Animal de Mercadona

O Benestar Animal é unha esixencia ética e social irrenunciable. Ademais, é un requisito esencial para garantir a calidade dos produtos de orixe animal á venda en Mercadona. 

Mercadona está comprometida coa protección e co benestar dos animais nas explotacións gandeiras e en todos os seus procesos. Ademais de cumprir coa lexislación vixente, aplícanse normas de Benestar Animal durante toda a vida do animal.

Mercadona traballa xunto aos seus provedores para: 

1. Garantir que os animais que proporcionan carne, leite, ovos e outros produtos de orixe animal, sexan criados en condicións que aseguren o cumprimento das 5 liberdades:

  • Proporcionar acceso a auga potable e a unha dieta adecuada para manter a saúde.
  • Proporcionar un ambiente apropiado que inclúa refuxio e unha zona de descanso.
  • Evitar a dor, as lesións e as enfermidades, aplicando medidas preventivas, un diagnóstico rápido e o tratamento adecuado.
  • Respectar o comportamento natural da especie, proporcionando espazo suficiente, instalacións adecuadas, e en compañía doutros animais da súa mesma especie.
  • Evitar situacións de medo ou angustia, e todo sufrimento innecesario.

2. Garantir que o persoal das explotacións gandeiras e outras instalacións teñan a formación adecuada en Benestar Animal para o seu cumprimento en todas as fases da vida do animal.

3. Implantar certificados en Benestar Animal con límite 2021.

Resumo da política de Benestar Animal de MercadonaResumo da política de Benestar Animal de Mercadona.

Mercadona rexeita rotundamente calquera mala práctica cos animais, e non traballará con ningún provedor que non cumpra con esta Política de Benestar Animal.  

Algunhas medidas en Benestar Animal de Mercadona                

O ano 2021 será a data límite para que todos os provedores de carne, leite e ovos de Mercadona estean 100% certificados en Benestar Animal.

Outro exemplo da aposta polo Benestar Animal, é que Mercadona está traballando xunto aos seus provedores de ovos para abandonar progresivamente a venda de ovos procedentes de galiñas en gaiola. De feito, a compañía ofrece dende hai anos ovos de galiñas campeiras e ovos de galiñas criadas en liberdade.

Ademais, Mercadona e os seus provedores traballan con institucións especialistas como o IRTA (Instituto de Investigación e Tecnoloxía Agroalimentarias) e NEIKER-Tecnalia (Instituto de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico) no desenvolvemento dunha regulación completa que abarca a protección dos animais en toda a cadea de montaxe.

Para coñecer outros feitos ou compromisos de Mercadona en materia de medioambiente ou responsabilidade social pódense visitar os apartados da web Coidemos o Planeta ou Responsabilidade Social.

Logo EActiVate