Anchoa do Cantábrico dispoñible en Mercadona

Mercadona prevé comprar máis de 1.000 toneladas de anchoa do Cantábrico para a campaña deste ano

29 de abril de 2020
  • A campaña vai de abril-maio ata agosto de 2020 e o cliente poderá encontrar este peixe, se a captura do día así o permite, nas tendas situadas en Galicia, Principado de Asturias, Cantabria, Euskadi, Comunidade de Madrid, Andalucía, Comunitat Valenciana, Catalunya e Portugal.
  • A compañía vendeu aproximadamente 1.000 toneladas de anchoa do Cantábrico en 2019.

A aposta de Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, polos produtos frescos e de proximidade, provocou que a compañía teña previsto comprar máis de 1.000 toneladas de anchoa do Cantábrico para a campaña deste ano, que vai de abril-maio ata agosto de 2020, a provedores como Import Export Pescados José Luis S.L (Cantabria) e Pescados Getaria (Euskadi), entre outros, ademais de actuar como compradores na Lonxa de Ondarroa (Bizkaia) co Provedor Local Proyecto Ondárroa. O cliente pode encontrar este peixe, se a captura do día así o permite, nas tendas que a compañía ten situadas en Galicia, Principado de Asturias, Cantabria, Euskadi, Comunidade de Madrid, Andalucía, Comunitat Valenciana, Catalunya e Portugal. Así mesmo, destaca que en 2019 a compañía vendeu aproximadamente 1.000 toneladas de anchoa do Cantábrico.

Comprometidos cos produtos de orixe nacional

En 2019 as compras de Mercadona en España alcanzaron un valor superior aos 19.970 millóns de euros. Grazas aos acordos comerciais da compañía co sector primario, Mercadona colabora con 9.500 agricultores, 12.000 pescadores e 6.700 gandeiros. Ademais, a compañía apoia diversas iniciativas levadas a cabo polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación neste sentido.

Así mesmo, Mercadona defende as prácticas comerciais xustas e dende hai anos está adherida ao Código de Boas Prácticas Mercantís na Contratación Alimentaria. Este acordo voluntario, que supón un novo paso na promoción de prácticas comerciais xustas, enmárcase na Lei de Medidas para Mellorar o Funcionamento da Cadea Alimentaria e está impulsado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) en colaboración con distintas asociacións de toda a cadea agroalimentaria nacional.

Anchoa do Cantábrico dispoñible na sección Peixería de MercadonaAnchoa do Cantábrico dispoñible na sección Peixería de Mercadona.

Anchoa do Cantábrico dispoñible na sección Peixería de MercadonaAnchoa do Cantábrico dispoñible na sección Peixería de Mercadona.

IstoNONtenquePARAR porque Isto Pasará