Lineal de pans dun supermercado de Mercadona

Mercadona incrementa máis dun 20% as vendas de produtos para facer hamburguesas e bocadillos de salchicha polos cambios de hábitos do consumidor

30 de abril de 2020
  • As vendas destes produtos soben durante estes días porque o cliente aproveita a estancia na casa para cociñar máis.
  • A compañía conta con máis de 6 pans distintos para preparar hamburguesas e bocadillos de salchicha, máis de 15 variedades de carne de hamburguesa e máis de 18 variedades de salchichas, dispoñibles todos estes produtos segundo os gustos e costumes da zona onde se sitúe a tenda.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, incrementa máis dun 20% as vendas de produtos para facer hamburguesas e bocadillos de salchicha polos cambios de hábitos do consumidor, xa que agora “O Xefe” (cliente) aproveita a súa estancia na casa para cociñar máis. A compañía conta con máis de 6 pans distintos para preparar hamburguesas e bocadillos de salchicha, máis de 15 variedades de carne de hamburguesa e máis de 18 tipos de salchichas, dispoñibles todos estes produtos segundo os gustos e costumes da zona onde se sitúe a tenda.

No caso da selección da carne de hamburguesa, carne picada e especiada con forma redonda, destacan as tradicionais hamburguesas de vacún, porco/vacún, polo e pavo/polo, e como especialidades, destacan a hamburguesa de espinacas, xamón e cebola acaramelada, touciño entrefebrado e queixo cheddar ou de porco ibérico, entre outras. Ademais, tamén existen nas tendas hamburguesas conxeladas naturais de vacún, sen ningún tipo de aditivos (99 % vacún, 1 % sal). En total, 11 provedores distintos son os encargados de elaborar a selección que a compañía vende nas súas máis de 1.600 tendas situadas en España e en Portugal.

No caso das salchichas, pódense encontrar elaboradas dunha gran variedade de carnes, das que existen distintos tamaños segundo a necesidade de acompañar pratos ou de elaborar bocadillos. Como especialidades, destacan as salchichas con sabor a xamón, con distintos tipos de queixo, con leite e veganas. Esta selección é elaborada por un total de 7 provedores distintos.

Por outro lado, dos pans para preparar hamburguesas e bocadillos de salchicha, caracterizados por ser tenros, esponxosos, consistentes e que aguantan varios días na casa mantendo perfectamente a súa calidade, destacan distintas variedades como o pan Maxi Hamburguesa con sésamo, o pan Hamburguesa sen sésamo, Mini Bocados e Hot Dog. Os provedores encargados de elaborar esta selección para as tendas situadas na Península e en Portugal son Cerealto en Antequera (Málaga) e Siro en Paterna (Valencia), que reforzaron a produción para garantir a súa subministración.

Lineal de salchichas dun supermercado de MercadonaLineal de salchichas dun supermercado de Mercadona.

Lineal de pans dun supermercado de MercadonaLineal de pans dun supermercado de Mercadona.

Lineal de hamburguesas dun supermercado de Mercadona  Lineal de hamburguesas dun supermercado de Mercadona.

IstoNONtenquePARAR porque Isto Pasará