Sandía de Mercadona en campo

Mercadona prevé comprar 97.000 toneladas de sandía de orixe nacional para a campaña deste ano, un 3% máis que en 2019

18 de maio de 2020
  • Na súa aposta pola froita e verdura de proximidade, a compañía aposta pola sandía procedente de campos situados en Andalucía, Comunidade Valenciana, Rexión de Murcia e Castilla-La Mancha para a campaña de 2020, que vai de marzo a outubro aproximadamente.
  • A compañía comprou 94.000 toneladas de sandía de orixe nacional para a campaña de 2019.

A aposta de Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda online, polos produtos frescos e, concretamente, pola froita e verdura de proximidade, provoca que a compañía teña previsto comprar 97.000 toneladas de sandía de orixe nacional de Mercadona para a campaña de 2020, que vai de marzo a outubro aproximadamente.

Para abastecer deste produto ás máis de 1.600 tendas que Mercadona ten situadas en España e en Portugal, a compañía colabora aproximadamente con 19 provedores distintos, cuxos campos se localizan en Andalucía, Comunidade Valenciana, Rexión de Murcia e Castilla-La Mancha.

Así mesmo, a compañía, comprometida co reto de ofrecer sempre calidade, calidade, calidade e, sobre todo, calidade en todos os seus produtos e todos os días, vende a sandía de Mercadona partida pola metade. 

Comprometidos cos produtos de orixe nacional

En 2019 as compras de Mercadona en España alcanzaron un valor superior aos 19.970 millóns de euros. Grazas aos acordos comerciais da compañía co sector primario, Mercadona colabora con 9.500 agricultores, 12.000 pescadores e 6.700 gandeiros. Ademais, a compañía apoia a iniciativa do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación “Froitas e Verduras de tempada”.

Así mesmo, Mercadona defende as prácticas comerciais xustas e dende hai anos está adherida ao Código de Boas Prácticas Mercantís na Contratación Alimentaria. Este acordo voluntario, que supón un novo paso na promoción de prácticas comerciais xustas, enmárcase na Lei de Medidas para Mellorar o Funcionamento da Cadea Alimentaria e está impulsado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) en colaboración con distintas asociacións de toda a cadea agroalimentaria nacional.

Sandía de Mercadona en campoSandía de Mercadona en campo.

IstoNONtenquePARAR porque Isto Pasará