Aposta de Mercadona polo aguacate de orixe nacional

Mercadona compra máis de 7.100 toneladas de aguacate de orixe nacional para a campaña deste ano, un 30% máis que en 2019

16 de maio de 2020
  • Na súa aposta pola froita e verdura de proximidade, a compañía aposta polo aguacate procedente de campos situados en Andalucía para a campaña 2020, que vai de decembro a maio.
  • A compañía comprou aproximadamente 5.400 toneladas de aguacate para a campaña de 2019.

A aposta de Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda online, polos produtos frescos e, concretamente, pola froita e verdura de proximidade, provocou que a compañía compre máis de 7.100 toneladas de aguacate de Mercadona de orixe nacional para a campaña de 2020, aproximadamente un 30% máis que en 2019, cando a compañía comprou aproximadamente 5.400 toneladas. Esta campaña arrancou no mes de decembro, cando a froita alcanzou os niveis óptimos de madurez e sabor, e finaliza no mes de maio.

Para abastecer de aguacate de Mercadona, tanto a granel como en pack de 4 unidades, ás tendas que Mercadona ten situadas na Península, Baleares e Portugal, a compañía colabora con distintos provedores cuxos campos se localizan en Andalucía. En concreto, co provedor José Luis Montosa de Valle-Niza (Málaga), con Sat 2803 Trops de Málaga, con Provelpack de Vélez-Málaga (Málaga), con Exceltrop de Vélez-Málaga (Málaga), Tropical Millenium de Vélez-Málaga (Málaga), e con Cultivar de Barcelona, empresa maduradora que compra aguacates a agricultores de Málaga.

Comprometidos cos produtos de orixe nacional

En 2019 as compras de Mercadona en España alcanzaron un valor superior aos 19.970 millóns de euros. Grazas aos acordos comerciais da compañía co sector primario, Mercadona colabora con 9.500 agricultores, 12.000 pescadores e 6.700 gandeiros. Ademais, a compañía apoia a iniciativa do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación “Froitas e Verduras de tempada”.

Así mesmo, Mercadona defende as prácticas coemrciais xustas e dende hai anos está adherida ao Código de Boas Prácticas Mercantís na Contratación Alimentaria. Este acordo voluntario, que supón un novo paso na promoción de prácticas comerciais xustas, enmárcase na Lei de Medidas para Mellorar o Funcionamiento da Cadea Alimentaria e está impulsado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) en colaboración con distintas asociacións de toda a cadea agroalimentaria nacional.

Aposta de Mercadona polo aguacate de orixe nacionalAguacate dispoñible na sección Froita e Verdura de Mercadona.

Aguacate en campoAguacate en campo de Mercadona.

IstoNONtenquePARAR porque Isto Pasará