Julia López, vogal da Xunta Directiva do Banco de Alimentos de Huelva e á esquerda, Marta Rosa, directora de Relacións Externas de Mercadona en Huelva

Mercadona doa máis de 12.600 litros de leite enteiro ao Banco de Alimentos de Huelva

15 de maio de 2020
  • A compañía afianza a súa colaboración coa entidade facéndolle entrega de produtos de primeira necesidade nas últimas semanas.
  • Mercadona reforza as doazóns de alimentos durante a excepcional situación ocasionada pola Covid-19, para dar resposta ás necesidades ocasionadas por esta situación de extraordinaria complexidade que estamos vivindo.
  • A compañía, ata o momento, doou ás distintas entidades e organizacións sociais de Huelva máis de 142 toneladas de produtos e alimentos.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, reforza o seu Modelo Responsable durante a situación excepcional que vive o país ocasionada pola Covid-19. Neste sentido, a compañía entregou a cantidade de 12.600 litros de leite enteiro Hacendado ao Banco de Alimentos de Huelva.

No seu compromiso de estar ao lado dos colectivos máis desfavorecidos, a compañía reforzou o seu proceso de doazóns coas entidades sociais da provincia de Huelva coas que colabora e aplicou novas medidas que garanten tanto a seguridade das persoas como a subministración destas organizacións. Nese sentido, entregou no que levamos de ano máis de 142.000 quilos de alimentos na provincia, dos que 116.000 foron destinados aos comedores sociais cos que Mercadona colabora na provincia onubense.

Marta Rosa, Directora de Relacións Externas de Mercadona en Huelva, destacou que “a situación de excepcionalidade que estamos vivindo é moi cambiante e require pola nosa parte axilidade nas nosas decisións e formulacións, cun único obxectivo: facer o que faga falta para dar resposta ás necesidades das persoas máis vulnerables nesta situación de extraordinaria complexidade que estamos vivindo. Esperamos que as doazóns que estamos levando a cabo axuden neste obxectivo”.

Por outro lado, Juan Manuel Díaz, presidente do Banco de Alimentos de Huelva, unha vez máis agradece o labor de Mercadona que "doou 15 palés de leite, sumándose a diversas doazóns xa realizadas dende que se decretou o estado de alarma”. Destacou que "sen dúbida, Mercadona é unha empresa sensible e concienciada nesta crise que estamos vivindo, pola súa solidariedade e apoio". "Mercadona é para nós, nestes momentos tan complicados, un referente e exemplo de solidariedade e compromiso", concluíu Díaz.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Mercadona, dentro do compromiso de compartir coa sociedade parte de canto recibe dela, desenvolve o Plan de Responsabilidade Social comentado anteriormente, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte desta política, Mercadona colabora con máis de 240 comedores sociais e máis de 60 bancos de alimentos e outras entidades sociais de España e Portugal, ás que doa diariamente alimentos e participa nas campañas de recollida de alimentos que as devanditas entidades organizan.

De feito, no que vai de ano a compañía doou a todas estas entidades e organizacións un total de 4.500 toneladas de alimentos, 4.304 en España e 205 en Portugal, cantidades que se foron incrementando dende que a compañía o 26 de marzo, tras a paréntese producida como consecuencia do impacto que a Covid-19 tivo nos procesos da compañía, tomase a decisión de reactivar os procesos de doazón de produtos de primeira necesidade aos Comedores Sociais e Bancos de Alimentos cos que a compañía viña colaborando habitualmente.

Igualmente, Mercadona colabora intensamente con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con distintos graos de discapacidade.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade medioambiental. Para iso, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, enfocado á optimización loxística, á eficiencia enerxética e á redución de residuos; parte deste sistema está baseado nos principios da Economía Circular e busca conxuntamente cos Provedores Totaler a conversión dos residuos en novos recursos. Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Mercadona é dende 2009 membro do Foro Europeo da Distribución para a Sostibilidade (REAP), un organismo copresidido pola Comisión Europea no que todos os seus participantes son auditados periódica e externamente en materia de sostibilidade. Ademais, é socio dende o ano 2011 do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.

Julia López, vogal da Xunta Directiva do Banco de Alimentos de Huelva e á esquerda, Marta Rosa, directora de Relacións Externas de Mercadona en HuelvaJulia López, vogal da Xunta Directiva do Banco de Alimentos de Huelva e á esquerda, Marta Rosa, directora de Relacións Externas de Mercadona en Huelva.

IstoNONtenquePARAR porque Isto Pasará