Pataca nacional de Mercadona

Mercadona prevé comprar 92.000 toneladas de patacas de orixe nacional para a campaña deste ano, un 7 % máis que en 2019

04 de xuño de 2020
  • Na súa aposta polos produtos de proximidade, a compañía aposta polas patacas que proceden de produtores locais, como Andalucía, Región de Murcia, Castilla y León, Castilla-La Mancha, Comunidad de Madrid, Comunitat Valenciana, La Rioja, Asturias, Euskadi, Galicia, Illes Balears e Canarias, para a campaña 2020 que vai de maio a outubro/novembro aproximadamente.
  • A compañía comprou aproximadamente 85.500 toneladas de patacas en 2019.

A aposta de Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, polos produtos frescos e de proximidade, provoca que a compañía teña previsto comprar máis de 92.000 toneladas de patacas de orixe nacional para 2020, aproximadamente un 7 % máis que en 2019, cando a compañía comprou aproximadamente 85.500 toneladas.

Para abastecer de patacas de orixe nacional de Mercadona as tendas da compañía, Mercadona colabora para a campaña deste ano, que vai de maio a outubro/novembro aproximadamente, con provedores locais cuxos campos se sitúan en Andalucía, Región de Murcia, Castilla y León, Castilla-La Mancha, Comunidad de Madrid, Comunitat Valenciana, La Rioja, Asturias, Euskadi, Galicia, Illes Balears e Canarias.

Como funciona a campaña de patacas de Mercadona

A partir do mes de maio a compañía comeza a ofrecer patacas de proximidade na súa sección de Froita e Verdura, e esténdese ata outubro ou novembro, en función da produción. Coma todos os anos, durante a campaña española, entre maio e outubro/novembro, e cando o produto conta coa calidade que demandan os “xefes” (clientes), hai pataca 100 % española procedente de diferentes comunidades autónomas.

Non obstante, e como exemplo do compromiso da compañía co produto local, para a Península disponse dun formato de 2 kg de pataca nacional da variedade Agre, dispoñible nas tendas dende o mes de outubro ata abril, o que garante que, sempre que a calidade o permita, se dispoña de pataca orixe 100 % nacional o máximo tempo posible.

Comprometidos cos produtos de orixe nacional

En 2019 as compras de Mercadona en España alcanzaron un valor superior aos 19.970 millóns de euros. Grazas aos acordos comerciais da compañía co sector primario, Mercadona colabora con 9.500 agricultores, 12.000 pescadores e 6.700 gandeiros. Ademais, a compañía apoia a iniciativa do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación “Froitas e Verduras de tempada”.

En Mercadona o 100 % dos provedores, cos que se manteñen relacións estables, son españois, como Patatas Meléndez, Patatas Hijolusa, Udapa, Almacenes Lázaro, Hermanos González Arrebola, Patatas Gómez, Manuel Prado, Cadimisa, Papacan, Mr. Chippy e Illacamp. Estes, á súa vez, manteñen relacións estables e de confianza con agricultores locais, consolidando así un Modelo de Cadea Agroalimentaria Sostible do que a compañía se sente orgullosa de formar parte.

Así mesmo, Mercadona defende as prácticas comerciais xustas e dende hai anos está adherida ao Código de Boas Prácticas Mercantís na Contratación Alimentaria. Este acordo voluntario, que supón un novo paso na promoción de prácticas comerciais xustas, enmárcase na Lei de Medidas para Mellorar o Funcionamento da Cadea Alimentaria e está impulsado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) en colaboración con distintas asociacións de toda a cadea agroalimentaria nacional.

Patacas dispoñibles na sección Froita e Verdura de MercadonaPatacas de Mercadona dispoñibles na sección Froita e Verdura de Mercadona.

Patacas de Mercadona no campoPatacas de Mercadona no campo.

Logo EActiVate