Figos frescos dispoñibles na sección Froita e Verdura de Mercadona

Mercadona prevé comprar 850 toneladas de figos de orixe nacional para a campaña de 2020, un 30% máis que en 2019

03 de agosto de 2020
  • No seu compromiso de ofrecer aos “Xefes” (clientes) froita e verdura de proximidade, a compañía aposta por figos de orixe nacional cultivados na Comunidade Valenciana, Catalunya, Castilla y León e Canarias.
  • A compañía comprou aproximadamente 650 toneladas de figos frescos en 2019.

A aposta de Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, polos produtos frescos e, concretamente, pola froita e verdura de proximidade, fai que a compañía teña previsto comprar aproximadamente 850 toneladas de figos de orixe nacional durante a campaña de 2020, cifra que representa un 30 % máis que en 2019, ano no que a compañía adquiriu aproximadamente 650 toneladas.

Para abastecer de figo nacional, rico en fibra e en minerais esenciais, á sección de Froita e Verdura das máis de 1.600 tendas durante os meses de xullo e agosto, momento en que se produce a campaña, a compañía colabora con 10 provedores locais, cuxos campos se sitúan na Comunidade Valenciana, Catalunya, Castilla y León e Canarias

Comprometidos cos produtos de orixe nacional

En 2019 as compras de Mercadona en España alcanzaron un valor superior aos 19.970 millóns de euros. Grazas aos acordos comerciais da compañía co sector primario, Mercadona colabora con 9.500 agricultores, 12.000 pescadores e 6.700 gandeiros. Ademais, a compañía apoia a iniciativa do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación “Froitas e Verduras de temporada”.

Así mesmo, Mercadona defende as prácticas comerciais xustas e dende hai anos está adherida ao Código de Boas Prácticas Mercantís na Contratación Alimentaria. Este acordo voluntario, que supón un novo paso na promoción de prácticas comerciais xustas, enmárcase na Lei de Medidas para Mellorar o Funcionamento da Cadea Alimentaria e está impulsado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) en colaboración con distintas asociacións de toda a cadea agroalimentaria nacional.

Figos frescos dispoñibles na sección Froita e Verdura de MercadonaFigos frescos dispoñibles na sección Froita e Verdura de Mercadona.

FigosFigos no campo.

Logo EActiVate