Entrega de produtos de Mercadona realizada ao Banco de Alimentos en Navarra

Mercadona doa máis de 20.000 quilos de produtos de primeira necesidade á Fundación Banco de Alimentos de Navarra

27 de agosto de 2020
  • A cadea de supermercados doou máis de 257.000 quilos de produtos de primeira necesidade en 2020 en Navarra a distintas entidades.

Mercadona doou á Fundación Banco de Alimentos de Navarra (BAN) máis de 20.000 quilos de produtos de primeira necesidade. Co obxectivo de continuar atendendo os colectivos máis desfavorecidos a cadea de supermercados fixo efectiva hoxe a entrega ao BAN de máis 20.000 quilos de alimentos, tales como legumes, aceite, arroz, pasta e leite entre outros; así como artigos de limpeza e hixiene persoal como lixivia, limpador do chan, xampú, xel, dentífrico e cueiros.

Na entrega estiveron presentes Joaquín Fernández, presidente da Fundación Banco de Alimentos de Navarra, e Imanol Flandes, director de Relacións Externas de Mercadona en Navarra. Flandes afirmou que “Mercadona demostra que segue reforzando as doazóns en Navarra, durante a excepcional situación ocasionada pola COVID-19, para dar resposta ás demandas das persoas máis necesitadas”. Pola súa parte Fernández agradeceu “a doazón realizada hoxe e a colaboración continua de Mercadona co BAN, especialmente nestes momentos, nos que o número de persoas que atendemos segue aumentando debido á pandemia”.  

Como parte da súa responsabilidade social empresarial, Mercadona non só realiza esta colaboración co BAN, tamén colabora diariamente, doando produtos de primeira necesidade, coa Fundación Ilundáin Haritz Berri, Las Hermanitas de los Pobres de Pamplona, o comedor solidario Paris 365, o comedor solidario Villa Javier de Tudela, e o Fogar San Francisco Javier de Tafalla. Todas estas colaboracións traducíronse, durante 2020, en máis de 257.000 quilos de alimentos doados.

Mercadona en Navarra

Mercadona conta en Navarra con 11 tendas situadas: 3 en Pamplona (na avda. Gipuzkoa, avda. San Jorge e avda. Sancho el Fuerte) e 1 en Ansoáin, Aranguren, Barañáin, Burlada, Valle de Egüés, Estella, Tafalla e Tudela. Todas as tendas suman un cadro de persoal de 630 persoas, con emprego estable e de calidade. Outro feito que demostra a aposta de Mercadona por Navarra son os 480 millóns de euros en compras realizadas a provedores navarros en 2019. Ademais, a aposta de Mercadona pola froita e verdura de proximidade, fixo que a cadea de supermercados compre 13.600 quilos de espárrago con IXP Navarra, 5.350 toneladas de cebola e 230 toneladas de pemento vermello, durante a última campaña.

Fundación Banco de Alimentos de Navarra

O Banco de Alimentos de Navarra (BAN) é unha fundación benéfica, sen ánimo de lucro, integrada nas Federacións Española (FESBAL) e Europea (FEBA) de Bancos de Alimentos dende 1995, que ten como obxectivo prioritario a mellora das condicións alimentarias dos grupos de persoas en risco ou situación de exclusión social, como base para a súa integración, e a loita contra o desperdicio alimentario. En 2019, os 181 voluntarios do BAN distribuíron 3.165 toneladas de alimentos, a través de 180 entidades sociais de Navarra, o que permitiu entregar 139 quilos por persoa a cada un dos 22.766 usuarios do BAN.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolver parte de canto recibe dela. Co devandito obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía que atende o compoñente social e ético a través de diferentes liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido.

No marco desta política, ademais da colaboración co Banco de Alimentos Navarra, a cadea de supermercados tamén doa produtos a 5 comedores sociais de Navarra: Villa Javier de Tudela, Fogar San Francisco Javier en Tafalla, e Fundación Ilundain, Paris 365 e Residencia Hermanitas de los Pobres na comarca de Pamplona. A doazón realízase diariamente, de luns a sábado, grazas aos recursos loxísticos e humanos de Mercadona, que leva os produtos a cada un dos comedores sociais e os entrega nas mellores condicións de calidade e seguridade alimentaria para que os voluntarios poidan preparar as comidas diarias.

Entrega de produtos de Mercadona realizada ao Banco de Alimentos en NavarraEntrega de produtos de Mercadona realizada ao Banco de Alimentos en Navarra.

Logo EActiVate