Melón dispoñible na sección Froita e Verdura de Mercadona

Mercadona prevé comprar 72.000 toneladas de melón de orixe nacional para 2020, un 5 % máis que en 2019

06 de xuño de 2020
  • Na súa aposta pola froita e verdura de proximidade, a compañía aposta polo melón cultivado en Andalucía, Región de Murcia, Castilla-La Mancha, Illes Balears e Canarias.
  • A compañía comprou aproximadamente 68.500 toneladas de melón en 2019.

A aposta de Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, polos produtos frescos e, concretamente, pola froita e verdura de proximidade, provoca que a compañía teña previsto comprar aproximadamente 72.000 toneladas de melón de orixe nacional para 2020, aproximadamente un 5 % máis que en 2019, cando a compañía comprou aproximadamente 68.500 toneladas.

A compañía colabora durante todo o ano con máis de 20 provedores locais, cuxos campos se sitúan en Andalucía, Región de Murcia, Castilla-La Mancha, Illes Balears e Canarias. 

Comprometidos cos produtos de orixe nacional

En 2019 as compras de Mercadona en España alcanzaron un valor superior aos 19.970 millóns de euros. Grazas aos acordos comerciais da compañía co sector primario, Mercadona colabora con 9.500 agricultores, 12.000 pescadores e 6.700 gandeiros. Ademais, a compañía apoia a iniciativa do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación “Froitas e Verduras de tempada”.

Así mesmo, Mercadona defende as prácticas comerciais xustas e dende hai anos está adherida ao Código de Boas Prácticas Mercantís na Contratación Alimentaria. Este acordo voluntario, que supón un novo paso na promoción de prácticas comerciais xustas, enmárcase na Lei de Medidas para Mellorar o Funcionamento da Cadea Alimentaria e está impulsado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) en colaboración con distintas asociacións de toda a cadea agroalimentaria nacional.

Melón dispoñible na sección Froita e Verdura de MercadonaMelón dispoñible na sección Froita e Verdura de Mercadona.

Melón de Mercadona no campoMelón de Mercadona no campo.

Logo EActiVate