Portada da nova Memoria de Medio Ambiente de Mercadona.

Mercadona presenta a súa nova Memoria de Medio Ambiente

13 de xullo de 2017
  • A Memoria de Medio Ambiente de Mercadona, de periodicidade bienal, contén todas as iniciativas da compañía na materia.
  • Mercadona destinou 52 millóns de euros os dous últimos anos a mellorar os seus procesos para a protección do Medio Ambiente.
  • Entre as medidas, destaca o importante aforro enerxético que supón  a implantación do Novo Modelo de Tenda eficiente ou o compromiso adquirido en materia de Benestar Animal.

Mercadona publica a súa nova Memoria de Medio Ambiente 2015-2016 que presenta as características do seu Modelo de Xestión Ambiental e as medidas que se aplican para mellorar o comportamento ambiental en tres áreas principais: Optimización loxística, Eficiencia enerxética e Xestión de refugallos.

No último exercicio destaca a redución do impacto medioambiental que está a supoñer a progresiva implantación do Novo Modelo de Tenda Eficiente así como a publicación dunha política de Benestar Animal de cumprimento para Mercadona e os seus fornecedores.

Optimización loxística

Un exemplo de optimización loxística por parte de Mercadona é a súa estratexia de produtos frescos que procura incrementar a presenza de produto fresco de calidade e de proximidade e, por tanto, acurtar a cadea loxística co conseguinte menor impacto ambiental. Do mesmo xeito, as medidas para manter a frota de camións activa o maior tempo posible e levar os camións sempre ateigados son factores chave para unha loxística eficiente e de baixo impacto ambiental.

Aforro enerxético

Mercadona aplica diversas medidas para reducir o seu consumo enerxético. Estes esforzos permítenlle á compañía adaptarse ás estratexias de loita contra o cambio climático, quer europeas quer nacionais. Un exemplo é o Novo Modelo de Tenda Eficiente da compañía, que mellora o modelo de tenda eco-eficiente anterior, con novas medidas de eficiencia enerxética que reducen o seu impacto ambiental até nun 40% respecto do modelo de tenda convencional.

Xestión de refugallos

Mercadona ten implantadas numerosas medidas para conseguir que todos os alimentos ao longo da cadea poidan ser aproveitados e, cando isto non for posible, dispón de programas de redistribución de alimentos para os facer chegar a quen máis os precise.

Mercadona tamén aplica diversas estratexias para asegurar a minimización dos refugallos producidos, tanto en tendas como en almacéns. Os interfornecedores de Mercadona tamén desenvolven as súas propias estratexias e innovan continuamente para mellorar a eficiencia e reducir os impactos dos seus procesos.

En definitiva, Mercadona investiu 52 millóns de euros en medidas que repercuten na protección do medio ambiente. Este e outros feitos poden consultarse na nova Memoria de Medio Ambiente de Mercadona, dispoñible para a súa descarga. 

 

 

Memoria medioambiental 2015-2016

Descargar