Pan de hamburguesa brioche da marca Hacendado

Mercadona pon á venda un tenro, lixeiro e consistente pan de hamburguesa brioche con sabor doce

18 de xuño de 2021
  • Esta novidade, pensada para que os clientes poidan preparar bocados de todo tipo -tanto salgados coma doces ao ser un panciño moi versátil-, estase implantado de forma progresiva en toda a cadea co obxectivo de que estea dispoñible nas máis de 1.600 tendas ao longo de xullo.
  • O fabricante Dulmatesa é o Provedor Totaler responsable de elaborar este produto.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, lanza unha novidade no lineal de Pan de Molde, un novo pan de hamburguesa brioche da marca Hacendado. Este produto, feito con manteiga e caracterizado polo seu sabor doce, e a súa textura tenra, lixeira e consistente, está pensado para que “O Xefe” (cliente) poida preparar bocados tanto salgados coma doces.

A compañía está implantando esta novidade, elaborada polo Provedor Totaler Dumaltesa, nas súas máis de 1.600 tendas de forma progresiva co obxectivo de que estea dispoñible en todas elas ao longo de xullo.

Pan de hamburguesa brioche da marca HacendadoPan de hamburguesa brioche da marca Hacendado.