- Este novo almacén de Mercadona dá servizo a 89 tendas da zona centro do país, así como á “Colmea” de Madrid, o almacén en liña de Mercadona situado tamén na localidade de Getafe.
- En 2020 a compañía creou 595 novos postos de traballo estables e de calidade na Comunidade de Madrid; finalizou o exercicio cun cadro de persoal de 11.410 persoas e investiu máis de 2.334 millóns de euros en compras na rexión.
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, puxo en marcha un novo bloque loxístico, no polígono Los Gavilanes da localidade madrileña de Getafe. A posta en marcha deste bloque supuxo a creación de 426 postos de traballo, dentro dun cadro de persoal total de 578 persoas que actualmente traballan xa no Bloque, todas elas formadas para desempeñar a súa responsabilidade.
Este novo almacén, que está plenamente operativo na actualidade, complementa a actividade que dende hai máis de 10 anos vén levando a cabo o bloque loxístico de Ciempozuelos. Servirá 89 tendas das provincias de Madrid, Guadalajara e Cuenca, ademais do almacén en liña, a “colmea” que Mercadona ten tamén en Getafe. Trátase dun importante investimento co que a compañía quere garantir e reforzar o servizo das tendas da zona centro do país.
Este novo centro de distribución supuxo un investimento de 28 millóns de euros e localízase nunha superficie de 96.000 metros cadrados. Neles localizouse unha nave de secos, cunha superficie construída de 47.000 metros cadrados e unha nave de frescos, onde se sitúa a zona de frío e tamén de conxelado, cunha superficie construída de 19.300 metros cadrados.
Este esforzo investidor reafirma o compromiso da compañía con esta comunidade autónoma, onde actualmente conta con 190 tendas. Así mesmo, a compañía non deixou de consolidar o seu proxecto empresarial nesta zona, onde en 2020 abriu 7 novas tendas, pechou outras 5 porque non se axustaban aos seus novos estándares de calidade, e reformou 27 para adaptalas ao novo Modelo de Tenda Eficiente; contaba a finais de ano con 142 supermercados con este novo modelo. Ademais, seguiu implantando a súa nova sección de "Listo para Comer", dispoñible en 94 supermercados no momento do peche de 2020, e avanzando no seu proxecto de Frescos Global.
Mercadona na Comunidade de Madrid
Mercadona creou 595 novos empregos estables e de calidade, e finalizou o exercicio cun cadro de persoal formado por 11.410 persoas nesta comunidade autónoma. Ademais, en 2020, o investimento da compañía ascendeu a 172,5 millóns de euros destinado a contribuír á activación económica da rexión, e no que respecta ás compras a provedores da zona, onde colabora con aproximadamente 58 Provedores Totaler, ascenderon a 2.334 millóns de euros.
Así mesmo, a compañía mantén un compromiso social cos veciños e veciñas das zonas nas que ten presenza e actividade, e, no caso da Comunidade de Madrid, o pasado exercicio doou 870 toneladas de produtos de primeira necesidade a un total de 17 comedores sociais e entidades benéficas, un 115 % máis que en 2019.
Interior Bloque Loxístico de Mercadona en Getafe (Madrid).
Bloque Loxístico de Mercadona en Getafe (Madrid).