Cartel da Gran Recollida de Alimentos 2018

Mercadona participa na Gran Recollida para os Bancos de Alimentos

29 de novembro de 2018
  • Un ano máis, Mercadona súmase á Gran Recollida de Alimentos organizada pola Federación Española de Bancos de Alimentos.
  • Durante os días 30 de novembro e 1 de decembro Mercadona colocará puntos de recollida nas tendas.
  • Mercadona pon a disposición os seus recursos humanos e a súa rede loxística para facer chegar aos Bancos de Alimentos os produtos doados.

Mercadona colabora un ano máis na Gran Recollida de alimentos mediante a colocación de puntos de recollida na maioría dos seus supermercados mañá, 30 de novembro, e este próximo sábado, 1 de decembro. Tamén pon a disposición da Federación Española de Bancos de Alimentos os seus recursos humanos e loxísticos.

Ademais, a compañía encárgase de facer chegar os produtos doados a cada un dos Bancos de Alimentos para que poidan ser distribuídos por toda España entre os seus beneficiarios.

Dende Mercadona animamos a todos os nosos clientes a colaborar nos puntos de recollida de alimentos que estarán colocados nas tendas este venres 30 de novembro e sábado 1 de decembro.

Máis información sobre a Gran Recollida e como ser voluntario na Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL).

Consulta os supermercados Mercadona participantes

 

Tendas participantes

Descargar

 

 

 

 

Doazóns de alimentos Mercadona

En 2017 Mercadona doou 9.600 toneladas de produtos básicos a Bancos de Alimentos, comedores sociais e outras entidades.

Mercadona dispón dende hai anos dunha política de xestión de residuos para reducir os desperdicios en todos os seus procesos. Estas son as estratexias de Mercadona para evitar e previr o desperdicio de alimentos.