Diego, traballador de Mercadona como operario corrector nas “alturas”

Diego, traballador de Mercadona nas "alturas" conta a súa historia

28 de novembro de 2018
  • Diego Rodríguez, operario de loxística en Villadangos del Páramo (León), conta o seu desenvolvemento profesional dentro da empresa e destaca as condicións laborais de Mercadona.

Vídeo en español

Diego Rodríguez, traballador de Mercadona, ten 33 anos e é de León. Traballa no centro loxístico de Villadangos del Páramo como operario corrector en altura.

Diego conta que se trata dun bloque loxístico totalmente automatizado e o seu traballo consiste en minimizar os riscos, corrixindo e regulando o traballo das máquinas e dos palés en altura, para garantir que os produtos cheguen á tenda.

Dende que entrou a traballar en Mercadona, Diego foi desenvolvéndose como profesional e foi superando todas as limitacións dun posto de traballo que incluso lle deu a oportunidade de formar os seus propios compañeiros dentro do almacén.

A motivación e a súa actitude son as características que Laura Veiga, Coordinadora de Almacén Secos, destaca de Diego, esenciais para desempeñar o seu posto como operario corrector.

Diego conta con orgullo a tranquilidade que sente ao traballar en Mercadona, sobre todo polo apoio e pola seguridade que ten ao chegar á casa sabendo que está nunha empresa que non deixa de formar os seus empregados, cun contrato fixo e cun bo salario a final de mes. E máis agora que vai ser pai.

Mercadona quere poñer en valor a traxectoria de Diego dentro da empresa así como o esforzo e a entrega diaria. Coma el, a compañía quere recoñecer a implicación do resto de traballadores de Mercadona que traballan por asegurar que os produtos cheguen todos os días ás tendas de toda España. 

As ofertas de emprego dispoñibles para traballar en Mercadona pódense consultar no portal de emprego.

Condicións laborais en Mercadona

Os traballadores de Mercadona son un dos piares fundamentais para a empresa, por iso o modelo de Recursos Humanos destaca por ofrecer unhas condicións que recoñecen o traballo de todo o cadro de persoal.

Un traballo estable e de calidade, salarios por enriba da media do sector, formación e a posibilidade de ascender dentro da empresa son unha das vantaxes internas de Mercadona.

A empresa repite outro ano máis como a primeira no sector de distribución da clasificación de Merco Talento polo seu atractivo para atraer e reter talento. Ademais, tamén foi recoñecida pola Organización Internacional do Traballo en canto a un emprego estable e de calidade.