Cartel Gran Recollida de Alimentos 2021

Mercadona participa na Gran Recollida de alimentos 2021

19 de novembro de 2021
  • A compañía únese á Gran Recollida de alimentos 2021 organizada pola Federación Española de Bancos de Alimentos entre os días 19 e 28 de novembro.
  • En total participan 1.603 tendas da compañía en España, onde os clientes poderán facer doazóns monetarias no momento da compra.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, súmase á Gran Recollida de alimentos 2021 organizada pola Federación de Bancos de Alimentos do 19 ao 28 de novembro. A compañía pon a disposición da campaña os seus puntos de venda para a recadación de fondos.

En total participan 1.603 tendas de Mercadona de toda España. Ademais, como o ano pasado, a Gran Recollida realizarase mediante doazóns monetarias, múltiplo de 1 €, que os clientes poden realizar no momento da compra ao pasar pola caixa. As cantidades doadas transformaranse en alimentos para entregar a cada un dos Bancos de Alimentos participantes.  

Mercadona colabora nesta iniciativa social co compromiso de animar aos clientes a participar neste grande evento solidario anual. A compañía pon a disposición a listaxe das tendas participantes de Mercadona na súa páxina web:

Listado tiendas participantes de Mercadona en la Gran Recogida 2021

Descargar

 

Doazóns de Mercadona en 2021

No que vai de ano, a compañía doou 16.650 toneladas de alimentos e produtos de primeira necesidade a comedores sociais, bancos de alimentos e outras entidades sociais. Esta doazón de toda a cadea no momento do peche do mes de outubro é o equivalente a 277.500 carros da compra.

Mercadona colabora con máis de 330 comedores sociais, máis de 60 bancos de alimentos e outras entidades que reciben diariamente doazóns para apoiar ás persoas que están nunha situación difícil.

Una política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolver parte de canto recibe dela. Con este obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido.

Xunto á doazón de alimentos, Mercadona colabora con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social é a sostibilidade. Para iso, conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, baseado nos principios da economía circular e enfocado á optimización loxística, a eficiencia enerxética, a xestión de residuos, a produción sostible e a redución de plástico.

Nese sentido, Mercadona, xunto cos seus provedores Totaler, traballa na Estratexia 6.25 para conseguir en 2025 un triplo obxectivo: reducir un 25 % de plástico, que todos os envases deste material sexan reciclables, e reciclar todo o residuo plástico. Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Dende o ano 2011 é socio do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de dereitos humanos, normas laborais, medio ambiente e loita contra a corrupción.