Sección Listo para Comer en Mercadona

A sección Listo para Comer de Mercadona recupera os encargos de pratos de Nadal

22 de novembro de 2021
  • Entre as opcións destaca unha selección de canapés, polo de curral recheo, leitón asado, pa de año de leite e faceira guisada.
  • A partir de hoxe e ata o 28 de decembro os clientes poden solicitar pratos especiais para estas festas.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, recupera, dentro da súa sección Listo Para Comer, os encargos de pratos de Nadal. Dende hoxe e ata o 28 de decembro os “Xefes” (clientes) poderán solicitar, en calquera das máis de 750 tendas que contan con esta sección, algunha das varias opcións que a compañía pon á venda pensadas para gozar durante estas festas.

Entre a selección, destaca a bandexa con 18 canapés fríos composta por distintas mesturas como de salmón e aneto ou de queixo e figos. E como pratos principais, destaca o polo de curral desosado recheo de chalotas, trufa, foie, cirolas, brandy e touciño; medio leitón asado; pa de año de leite mariñada con sal, romeu, tomiño e limón; ou ben, a faceira guisada con salsa de viño tinto. Todos eles servidos con gornición de patacas panadeiras e ceboliñas confeitadas.

Sección Listo para Comer en MercadonaSección Listo para Comer en Mercadona.