Ovos frescos de Mercadona de orixe canaria

Mercadona ofrece ovos de orixe local nos 85 supermercados de Canarias

07 de xullo de 2021
  • Tras garantir a orixe local dos ovos campeiros en 2017, a compañía segue apostando polo produto de proximidade xunto a Huevos Guillén Canarias, que incorporou unha granxa en Granadilla que asegura que todos os ovos frescos se produzan nas Illas.
  • En 2020 Mercadona realizou compras na comunidade por valor de 485 millóns de euros e investiu máis de 44 millóns para contribuír á súa activación económica.
  • Coa incorporación dunha quinta granxa do Provedor Totaler Huevos Guillén Canarias a compañía incrementa nun 25 % a compra de ovo canario en 2021.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña continúa apostando polos produtos frescos e de proximidade xunto ao seu Provedor Totaler Huevos Guillén Canarias, que incorporou unha nova granxa en Granadilla de Abona (Tenerife) coa que garante a orixe canaria de todos os ovos frescos que vende nas 85 tendas das Illas.

Este proxecto supón un paso máis dentro do compromiso de Mercadona e Huevos Guillén Canarias co sector agroalimentario da comunidade autónoma, pois o provedor xa contaba en Gran Canaria e Tenerife con catro granxas: Arucas, Fontanales (Moya) e San Juan de la Rambla para producir ovo común; ademais da que abriu en 2017 en Agüimes, concretamente en Las Rosas, para a produción exclusiva de ovos campeiros. Con este movemento, a compañía, que comprou 8 millóns de ducias de ovos en 2020, incrementa este ano nun 25 % a compra de ovo local.

Neste sentido, Mercadona realizou compras en Canarias por valor de 485 millóns de euros no pasado exercicio. Así mesmo, investiu máis de 44 millóns de euros para contribuír á activación económica da rexión: 39,3 millóns destinados principalmente á apertura de tres supermercados e á reforma doutros seis para adaptalos ao novo modelo de tenda eficiente, que reduce nun 40 por cento o consumo enerxético; e 4,7 millóns nos bloques loxísticos que a compañía ten en Ingenio e Granadilla de Abona. Este esforzo investidor reafirma o compromiso da compañía con esta comunidade autónoma, onde colabora con máis de 70 Provedores Totaler.

Mercadona en Canarias

Mercadona conta con 85 supermercados e dous bloques loxísticos en Canarias que suman un cadro de persoal de 4.637 persoas con emprego estable e de calidade. En 2020 a compañía compartiu 20 millóns de euros cos traballadores da comunidade autónoma en primas: 18 millóns en concepto de prima por obxectivos, aos que se suman 2 millóns que recibiron en abril en recoñecemento ao compromiso e extraordinario esforzo demostrado durante os inicios da crise sanitaria.

Así mesmo, a compañía mantén un compromiso social cos veciños e veciñas das zonas nas que ten presenza e actividade, e, no caso de Canarias, o pasado exercicio doou 780 toneladas de produtos de primeira necesidade a un total de 17 comedores sociais e entidades benéficas, un 63 % máis que en 2019.