Responsables do Banco de Alimentos de Bizkaia con Imanol Flandes, Xerente de Relacións Externas de Mercadona

Mercadona doa máis de 7.000 quilos de produtos de primeira necesidade ao Banco de Alimentos de Bizkaia

05 de xullo de 2021
  • A cadea de supermercados dou máis de 1.600 toneladas de produtos de primeira necesidade en 2020 en Euskadi a distintas entidades.

Mercadona doou ao Banco de Alimentos de Bizkaia máis de 7.000 quilos de produtos de primeira necesidade. Co obxectivo de continuar atendendo os colectivos máis desfavorecidos a cadea de supermercados fixo efectiva a entrega de conservas de peixe, galletas, aceite, alimentación infantil, leite, arroz e pasta, entre outros.

Na entrega estiveron presentes, Luis Crovetto, vicepresidente do Banco de Alimentos de Bizkaia, e Imanol Flandes, Xerente de Relacións Externas de Mercadona. Flandes afirmou que “somos conscientes de que, no contexto actual, estas doazóns son moi necesarias, xa que o número de beneficiarios do Banco de Alimentos de Bizkaia se incrementou en case 5.000 persoas dende o pasado ano”. Pola súa parte Crovetto agradeceu “a doazón de hoxe e a colaboración diaria de Mercadona que nos serven para axudar ás máis de 30.000 persoas que se benefician destes alimentos”.   

Mercadona doou máis de 1.600 toneladas de produtos a entidades sociais en Euskadi en 2020. Esta cantidade significa un aumento do 21 % das achegas de alimentos e outros produtos a entidades sociais respecto ao ano anterior, como consecuencia da crise sanitaria e económica actual.

Como parte da súa responsabilidade social empresarial, Mercadona non só realiza esta acción, tamén colabora diariamente, doando produtos de primeira necesidade, cos Bancos de Alimentos de Araba, Bizkaia e Gipuzkoa.

Mercadona en Euskadi

Mercadona conta con 22 tendas en Euskadi e prevé abrir cinco máis en 2021 situadas en Bizkaia e Gipuzkoa. Conta cun cadro de persoal de 2.131 persoas, con emprego estable e de calidade. Outro feito que demostra a aposta de Mercadona por Euskadi son os 565 millóns de euros en compras realizadas a provedores vascos en 2020, un 3 % máis que o ano anterior.

Banco de Alimentos de Bizkaia

O Banco de Alimentos de Bizkaia é unha institución sen ánimo de lucro que trata de resolver a necesidade básica do ser humano, que é a alimentación, así como loitar contra o dispendio de alimentos. Para este fin promove a recollida de alimentos, que almacena nas súas instalacións para proceder, posteriormente, á súa repartición entre os centros asistenciais cuxo obxectivo é dar de comer aos necesitados. En 2020, os 178 voluntarios do Banco de Alimentos de Bizkaia distribuíron, a través de 213 entidades colaboradoras, un total de 4.400 toneladas de alimentos a 30.144 beneficiarios, unha media de 145 quilos por persoa.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolver parte de canto recibe dela. Con este obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Xunto á doazón de alimentos, Mercadona colabora con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social é a sostibilidade. Para iso, conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, baseado nos principios da economía circular e enfocado á optimización loxística, a eficiencia enerxética, a xestión de residuos, a produción sostible e a redución de plástico. Nese sentido, Mercadona, xunto cos seus provedores Totaler, traballa na Estratexia 6.25 para conseguir en 2025 un triplo obxectivo: reducir un 25 % de plástico, que todos os envases deste material sexan reciclables e reciclar todo o residuo plástico. Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías más limpas e eficientes.

Dende o ano 2011 é socio do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de dereitos humanos, normas laborais, medio ambiente e loita contra a corrupción.

 

Responsables do Banco de Alimentos de Bizkaia con Imanol Flandes, Xerente de Relacións Externas de Mercadona.