Bolsas reutilizables e sostibles dispoñibles en Mercadona

Bolsas reutilizables e sostibles de Mercadona

03 de xullo de 2021
  • A compañía pon en valor o seu compromiso co Planeta no Día Internacional Libre de Bolsas de Plástico.
  • En xaneiro de 2021 culminou o primeiro fito da Estratexia 6.25: a eliminación das bolsas de plástico dun só uso en todas as seccións.
  • A cadea de supermercados pon a disposición dos seus clientes diferentes bolsas para facer a compra: reciclables, reutilizables e recicladas.

Mercadona recoméndalles a todos os seus clientes que reutilicen as bolsas. Non obstante, se esquecen traela da casa, Mercadona ofrécelles en todas as súas tendas tres tipos de bolsa para a compra, todas elas sostibles e reutilizables, como alternativa ás bolsas de plástico dun só uso: bolsa de papel, bolsa feita de plástico reciclado e cesta de rafia.

E nas seccións de produtos perecedoiros a compañía ofrece bolsas compostables de orixe vexetal.

Bolsas reutilizables e sostibles dispoñibles en MercadonaOpcións de bolsas reutilizables e sostibles de Mercadona.

Bolsas da liña de caixas de Mercadona

En Mercadona os clientes teñen á súa disposición dende 2019 tres opcións reutilizables para realizar a compra:

  • Bolsa de papel
  • Bolsa cun 65-70 % de plástico reciclado procedente das embalaxes das tendas
  • Cesta de rafia

As bolsas de plástico conteñen un 65-70 % de plástico reciclado, que provén das embalaxes utilizadas no proceso de distribución loxística, polo que esta bolsa cumpre cos principios da Economía Circular. Con esta práctica Mercadona dá unha nova vida a máis de 3.000 Tn/ano destas embalaxes. 

Así mesmo, froito da mellora constante de Mercadona, a compañía incluíu en cada unha destas bolsas un pictograma para indicar en que contedor se deben depositar ao final da súa vida útil, coa intención de facilitarlles aos clientes a separación e reciclaxe.

Estratexia 6.25 de Mercadona: Acción 1 de Eliminación das bolsas de plástico de sección

En setembro de 2020 a compañía deu un paso firme cara ao seu compromiso co Medio Ambiente coa creación da Estratexia 6.25  para reducir e mellorar o uso e a xestión do plástico nos seus procesos.

Entre as seis accións que se marcaron, a primeira delas era a eliminación da bolsa de plástico dun só uso en todas as seccións. A compañía substituíunas por bolsas compostables en toda a cadea ao longo de 2020. Fabricadas a partir de fécula de pataca, deben depositarse no contedor marrón do lixo orgánico, como indica o pictograma de reciclaxe.

Texto 2 Imagen Tienda 6.25  

Sistema de Xestión Ambiental de Mercadona

Mercadona conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio baseado en reducir o seu impacto ambiental en tres áreas primordiais: optimización loxística, eficiencia enerxética e xestión de residuos. Este sistema está nun proceso continuo de adaptación, á vangarda dos retos que xorden, da necesidade de mellorar o desempeño ambiental e de aumentar a sostibilidade.

Coñece toda a Política de Medio Ambiente de Mercadona e os seus progresos realizados nos últimos dous anos nesta materia na última Memoria de Medio Ambiente de Mercadona.