Campaña cítricos de orixe nacional

Mercadona mercará 220.000 toneladas de cítricos de orixe nacional, un 10% mais

10 de outubro de 2023
  • Na nova campaña de cítricos de orixe España, que empeza en outubro e culminará en agosto, a compañía mercará mandarinas, limóns e laranxas a 24 provedores especialistas que manteñen relación estables con máis de 2.800 agricultores de toda España.
  • Na súa aposta pola froita e verdura de proximidade, Mercadona comercializará cítricos procedentes dos campos da Comunidade Valenciana, Andalucía, Rexión de Murcia, Cataluña e Canarias.
  • Volven os cítricos de orixe nacional aos supermercados, tempada que arranca en outubro coa chegada da mandarina e o limón.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, inicia a campaña 2023/24 de cítricos de orixe nacional cunha previsión de compra de 220.000 toneladas, cifra que supón un incremento do 10% respecto á campaña anterior. A nova campaña arranca en outubro coa chegada da mandarina e o limón orixe España, e a comezos de novembro entrará a laranxa nacional progresivamente nas nosas tendas.

A campaña nacional da mandarina comeza en outubro e finalizará en maio; a do limón arranca tamén en outubro e durará ata xuño; e a da laranxa, iniciarase en novembro e alongarase ata o mes de agosto, segundo as previsións. O compromiso de Mercadona co sector primario é firme e prioriza garantir relacións estables e transparentes cos seus 24 provedores nacionais, os que, á súa vez, traballan con máis de 2.800 agricultores de toda España.

Tempadas de cítricos nacionaisDuración das campañas de cítricos de orixe nacional.

Na súa aposta pola froita e verdura de proximidade, Mercadona comercializará cítricos procedentes dos campos da Comunidade Valenciana, Andalucía, Rexión de Murcia, Cataluña e Canarias.

Fomento do consumo de cítricos e froitas e verduras de tempada para una cesta equilibrada

A empresa fomenta o consumo de cítricos, así como do zume de laranxa acabado de espremer de Mercadona, dispoñible na sección de Froita e Verdura nos tres formatos de envase habituais, de 250 mililitros, 500 mililitros e 1 litro. Este servizo, que comezou a implantarse en 2016 en todas as tendas da cadea, trátase dun proxecto que se desenvolveu a través da innovación conxunta entre Mercadona, o provedor especialista Zumex e os propios clientes.

Os cítricos son ricos en vitaminas, minerais e antioxidantes e o seu consumo contribúe a manter unha dieta equilibrada. As laranxas, mandarinas e limóns, entre outros cítricos, son grandes aliados para completar unha cesta da compra equilibrada.

Mercadona apoia as campañas do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación no marco da estratexia #alimentosdespaña e a súa campaña do “país máis rico do mundo”. Así mesmo, Mercadona defende as prácticas comerciais xustas e desde hai anos está adherida ao Código de Boas Prácticas Mercantís na Contratación Alimentaria. Este acordo voluntario, que supuxo un paso máis na promoción de prácticas comerciais xustas, enmárcase na Lei de Medidas para Mellorar o Funcionamento da Cadea Alimentaria e está impulsado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) en colaboración con distintas asociacións de toda a cadea agroalimentaria de España.

Limóns de orixe nacional en MercadonaLimóns na sección de Froita e Verdura de Mercadona.

Campaña mandarinas nacionaisMandarinas no campo, de orixe nacional.